Selección de fútbol da Arxentina
Arxentina![]() ![]() | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Asociación do Fútbol Arxentino — AFA | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | ARG | ||
Alcume | La Albiceleste | ||
Clasificación FIFA | 9 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | ![]() | ||
Máis encontros | Javier Mascherano (147) | ||
Máximo goleador | Lionel Messi (70) | ||
Estrea internacional Uruguai ![]() ![]() Montevideo, Uruguai; 16 de maio de 1901 | |||
Maior vitoria Arxentina ![]() ![]() Montevideo, Uruguai; 22 de xaneiro de 1942 | |||
Maior derrota Checoslovaquia ![]() ![]() Helsingborg, Suecia; 15 de xuño de 1958 Bolivia ![]() ![]() La Paz, Bolivia; 1 de abril de 2009 España ![]() ![]() Madrid, España; 27 de marzo de 2018 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 17 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Campións (1978, 1986) | ||
Copa América | |||
Participacións | 42 (primeira en 1916) | ||
Mellor resultado | Campións (1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993) |
A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas acasións da Copa Mundial de Fútbol (1978 e 1986) e finalista noutras dúas ocasións (1930 e 1990). En 1992, o equipo arxentino gañou a Copa FIFA Confederacións, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do devandito torneo, caendo ante Dinamarca e Brasil respectivamente.
Arxentina é xunto a Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoa en catorce ocasións. Ademais é a selección que máis subcampionatos logrou na competición, nunhas doce oportunidades. Nos Xogos Olímpicos a Selección Arxentina obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 e nos de 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.
Grandes xogadores da historia futbolística pasaron por esta selección, entre os cales destaca o volante Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, sendo elixido Mellor Xogador do Século nunha votación realizada no ano 2000 no sitio web da FIFA. En marzo de 2007 alcanzou por primeira vez o posto un no ranking FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.
Historia[editar | editar a fonte]

Arxentina é unha das seleccións de fútbol con máis éxito do mundo, vencedora da Copa do Mundo de 1978 e da Copa do Mundo de 1986, catorce Copa América, a Copa Confederacións 1992 e as dúas medallas de ouro, a primeira nas Xogos Olímpicos de 2004 e a segunda en 2008. Sumando tódolos seus títulos oficiais organizados pola CONMEBOL e pola FIFA, Arxentina é a selección que máis títulos ten do mundo xunto coa de Uruguai, aínda que considerando que noutras confederacións os títulos continentais xóganse en períodos moito máis amplos de tempo. Arxentina é unha das únicas seleccións do mundo a conquistar a "cuádrupla coroa", xa que gañou a Copa do Mundo, a Copa das Confederacións, a Copa América e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos. A outra selección en conseguir tal feito ao longo da historia é Francia.
A albiceleste disputou catro finais de Copa do Mundo. Na súa primeira final, en 1930, perderon por 4 a 2 contra Uruguai. Os arxentinos non volverían a chegar a unha final até 1978 onde, esta vez si, conseguen o seu primeiro título ao vencer aos Países Baixos por 3 a 1. A curiosidade deste mundial foi o xeito de clasificarse á rolda eliminatoria final, Arxentina tiña que vencer por unha diferenza de catro goles para se clasificar, cando só metera dous até ese partido, e acabou vencendo por 6 a 0 con mérito para o pobre xogo que tivo nese partido Perú, acabando ademais coa participación no mundial de Brasil. A selección arxentina tamén gañou en 1986, nunha campaña con vitorias sobre tradicionais seleccións como Uruguai (oitavos de final), Inglaterra (cuartos de final, no partido no que Maradona anotou a o seu coñecido gol coa man), Bélxica en semifinais e Alemaña Occidental (final). A última final da cal tomou parte a Arxentina foi en 1990, cando perdeu por 1 a 0 nunha final de novo contra Alemaña Occidental. Dende aquela Arxentina volveu chegar lonxe na máxima competición mundial.
En canto a outras competicións internacionais, Arxetina é, cunto coa selección do Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copas América na historia, vencéndoa por catorce veces, alén dos campionatos Suramericanos "extras" en 1941, 1945 e 1946. En canto aos Xogos Olímpicos, no ano 2004, Arxentina gañou súa primeira medalla dourada de súa historia: venceron tódolos partidos, tiveron o mellor ataque da competición e non rebiron nin un só un gol. Alén da medalla de ouro, aínda tiveron o máximo goleador do campionato, Carlos Tévez, con nove goles. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, a selección albiceleste volveu a conquistar a medalla de ouro de novo sen coñecer a derrota. En cuartos de final bateu aos Países Baixos (2 a 1), en semifinais gañou dun de seus clásicos rivais, Brasil (3 a 0) e na final derrotou a Nixeria por 1 a 0. A selección arxentina aínda ten dúas medallas de prata obtidas nos Xogos Olímpicos de 1928 e nos 1996.
Uniforme[editar | editar a fonte]
O uniforme oficial da Selección Arxentina componse dunha camiseta de franxas brancas e celestes (de aí o alcume que recibe a selección: La Albiceleste), pantalón negro raias brancas e medias brancas con raias celestes. O uniforme oficial alternativo componse de camiseta e medias azul e pantalóns brancos.
Galería de camisetas[editar | editar a fonte]
|
|
Resultados[editar | editar a fonte]
Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]
|
Copa América[editar | editar a fonte]
|
Xogadores[editar | editar a fonte]
Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]
Actualizado a 17 de xuño de 2013.
# | Nome | Período | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Javier Zanetti | 1994-2011 | 147 | 5 |
2 | Roberto Ayala | 1994-2007 | 115 | 7 |
3 | Diego Simeone | 1988-2002 | 106 | 11 |
4 | Oscar Ruggeri | 1983-1994 | 97 | 7 |
6 | Diego Maradona | 1977-1994 | 91 | 34 |
7 | Ariel Ortega | 1993-2010 | 87 | 17 |
8 | Lionel Messi | 2005-Presente | 82 | 35 |
9 | Gabriel Batistuta | 1991-2002 | 78 | 56 |
10 | Juan Pablo Sorín | 1995-2006 | 75 | 11 |
11 | Américo Gallego | 1975-1982 | 73 | 3 |
Juan Sebastián Verón | 1996-2010 | 73 | 9 | |
12 | Gabriel Heinze | 2003-2010 | 72 | 3 |
13 | Daniel Passarella | 1976-1986 | 70 | 23 |
14 | Hernán Crespo | 1995-2007 | 64 | 35 |
15 | Carlos Tévez | 2004-2011 | 64 | 13 |
Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]
Actualizado a 10 de outubro de 2017.[1]

# | Xogador | Período | Goles | Partidos | Promedio |
---|---|---|---|---|---|
1 | Lionel Messi | 2005-presente | 66 | 136 | 0,65 |
2 | Gabriel Batistuta | 1991-2002 | 54 | 80 | 0,72 |
3 | Hernán Crespo | 1995-2007 | 35 | 64 | 0,55 |
4 | Diego Maradona | 1977-1994 | 34 | 91 | 0,37 |
5 | Luis Artime | 1961-1967 | 24 | 64 | 0,38 |
6 | Leopoldo Luque | 1975-1981 | 22 | 45 | 0,49 |
Daniel Passarella | 1976-1986 | 22 | 70 | 0,31 | |
7 | Herminio Masantonio | 1935-1942 | 21 | 19 | 1,11 |
José Sanfilippo | 1956-1962 | 21 | 28 | 0,75 | |
Sergio Agüero | 2006- | 21 | 51 | 0,41 | |
Gonzalo Higuaín | 2009-Presente | 21 | 36 | 0,58 | |
8 | Mario Kempes | 1973-1982 | 20 | 43 | 0,47 |
9 | René Pontoni | 1942-1947 | 19 | 19 | 1 |
Norberto Méndez | 1945-1956 | 19 | 31 | 0,61 | |
José Manuel Moreno | 1936-1950 | 19 | 34 | 0,56 | |
10 | Domingo Tarasconi | 1922-1929 | 18 | 24 | 0,75 |
Orestes Corbatta | 1956-1962 | 18 | 43 | 0,41 | |
11 | Amadeo Labruna | 1942-1958 | 17 | 37 | 0,46 |
Miguel Ángel Brindisi | 1969-2074 | 17 | 46 | 0,37 | |
Juan Román Riquelme | 1997-2008 | 17 | 51 | 0,33 | |
Ariel Ortega | 1993-2003 | 17 | 87 | 0,20 | |
12 | Claudio Caniggia | 1987-2002 | 16 | 50 | 0,32 |
13 | Rinaldo Fioramonte Martino | 1987-2002 | 15 | 20 | 0,75 |
Adestradores[editar | editar a fonte]
