Antonio Peinado García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mella
Información persoal
Nome Antonio Peinado García
Nacemento c. 1894
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 27 de novembro de 1959
Lugar de falecemento A Coruña
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1914 Deportivo da Coruña
1914–1918 Deportivo Auténtico
1918–1927 Deportivo da Coruña
1927–1928 Olímpico FC
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Peinado García, máis coñecido como Mella, nado na Coruña c. 1894 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1959, foi un futbolista, boxeador, bombeiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na dianteira do Deportivo da Coruña o 30 de agosto de 1914, no primeiro dos dous partidos que os futbolistas do club xogaron contra o Real Club Coruña sen permiso da directiva e que provocaron a posterior escisión chamada Deportivo Auténtico.[1] Militou na escisión durante os seus catro anos de existencia, disputando o Campionato de Galicia, e volveu ao Deportivo trala reunificación de 1918. Xogou no Deportivo nove anos máis, proclamándose campión galego na tempada 1926/27, aínda que os últimos anos pasounos como suplente. En abril de 1926 xogou un partido de cuartos de final da Copa do Rei, contra o Real Unión no estadio de Amute en Hondarribia. En 1927 pasou ao Olímpico FC (antigo Racing Orillamar), co que disputou a Serie B do Campionato de Galicia.

Posteriormente foi boxeador, derrotando entre outros a Eladio Cabaco ou Vázquez, e gañando o título de campión galego do peso wélter.[2][3][4]

Bombeiro de profesión e de ideoloxía socialista, foi delegado da Federación Local de UXT e membro da Federación de Colectividades Socialistas.[5][6] Coa chegada do franquismo foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a doce anos de prisión.[7] Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1959, aos 65 anos, [4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1914. p. 3. 
  2. "Una sesión de boxeo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 1929. p. 2. 
  3. "Los matchs de boxeo del domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 5. 
  4. 4,0 4,1 "Falleció Mella, antiguo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 1959. p. 5. 
  5. "Los dependientes municipales". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 1933. p. 5. 
  6. "Vida social y obrera". El Ideal Gallego (en castelán) (4089). 14 de outubro de 1933. p. 8. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  7. "Antonio Peinado García "Mella"". Nomes e Voces. Consultado o 12 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]