Ramón Fernández Sarasquete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarasquete
Información persoal
Nome completo Ramón Fernández Sarasquete
Nacemento 26 de febreiro de 1909
Lugar Santa Uxía de Ribeira, Galiza
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Vilagarcía
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1929 Celta de Vigo 8 (0)
1929 Eiriña CF
1929-1930 RCD Espanyol 8 (0)
Deportivo da Coruña
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Ramón Fernández Sarasquete máis coñecido como Sarasquete, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de febreiro de 1909 e finado na Coruña o 15 de outubro de 1979, foi un futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Villagarcía FC, de aí pasou ao Celta de Vigo onde xogou na 2ª División B na tempada na que se creou ese sistema de competición, a 1929/30. Esa categoría pasaría a chamarse Terceira División a partir da tempada seguinte.

Co Celta xogou un total de oito encontros esa tempada, porén non durou moito no equipo, xa que tras un frustrado fichaxe polo RCD Espanyol foi cedido ao Eiriña CF. Finalmente fichou polo Espanyol en decembro de 1929.

Posteriormente tamén xogou no Deportivo da Coruña e no Racing Club de Ferrol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]