Yago Gandoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yago Gandoy
Información persoal
Nome Yago Gandoy Martínez
Nacemento 13 de abril de 1999 (24 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Navalcarnero
Número 14
Carreira xuvenil
Ural
2009–2018 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2020 Deportivo Fabril 49 (5)
2019–2022 Deportivo da Coruña 14 (0)
2021–2022 Coruxo 22 (0)
2022–2023 Coruxo 33 (1)
2023– Navalcarnero 7 (0)
Selección nacional
2015 España sub-16 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Yago Gandoy Martínez, nado na Coruña o 13 de abril de 1999, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Navalcarnero, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña aos dez anos, procedente do Ural CF.[1] Debutou co Fabril o 10 de decembro de 2017, nun partido de Segunda División B, entrando como substituto de Martín Bengoa na vitoria por 2-3 fronte ao Cerceda.[2]

Incorporouse definitivamente ao Fabril no inicio da tempada 2018-19, e anotou o seu primeiro gol o 4 de novembro de 2018 na vitoria por 2-1 sobre o Rápido de Bouzas.[3] Disputou 24 partidos na tempada, ao final da cal o equipo acabou descendendo a Terceira.

O 21 de setembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na Segunda División, substituíndo a Ager Aketxe no empate a cero contra o Cádiz.[4] O 9 de setembro de 2020 o club renovou o seu contrato por tres anos.[5] Disputou 11 encontros nesa tempada, case todos na primeira parte da competición.

En agosto de 2021 saíu cedido ao Coruxo, da Segunda División RFEF.[6] Disputou 22 encontros co equipo vigués, 14 deles como titular, e ao remate da campaña asinou co club en propiedade, despois de se desvencellar do Deportivo.[7] Na campaña 2022/23 xogou un total de 34 partidos, 30 deles como titular, e marcou un gol.

Para a campaña 2023/24 asinou co Navalcarnero, da mesma categoría.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gandoy asoma la cabeza" (en castelán). 15 de novembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  2. "REVIEW: CERCEDA 2 – FABRIL 3 (SEGUNDA B)" (en inglés). 12 de decembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  3. "El Fabril le devuelve el farolillo rojo al Rápido de Bouzas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  4. "Cádiz y Dépor se anulan en el Carranza". Marca (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  5. "Yago Gandoy renova o seu compromiso co Dépor". www.rcdeportivo.es. 9 de setembro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  6. "Nuevo destino para Gandoy: saldrá cedido al Coruxo" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  7. "Yago Gandoy vuelve al Coruxo tras rescindir". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de agosto de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  8. "Gandoy refuerza al Navalcarnero y Lucho García, al Algeciras". La Opinión A Coruña (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]