Elche Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elche
Equipacion.jpg
Nome Elche Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s) Franjiverdes
Ilicitanos
Fundación 1922
Estadio Martínez Valero,
Elx, España
Inauguración 1976
Capacidade 39.750
Presidente España José Sepulcre Coves
Adestrador España Fran Escribá
Liga Primeira División
2012–13 Sub on.svg
Vestimenta Acerbis
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Elche Club de Fútbol (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol de España, constituído como SAD,[1] con sede social na cidade de Elx (Alacant). Fundado en 1922, actualmente compite na Primeira División logo de ascender na tempada 2012-13.

Historia[editar | editar a fonte]

O Elche Football Club foi fundado en 1922, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958–59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968-69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas.
  • Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Martínez Valero.

O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.

O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.[2]

O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Visión do Martínez Valero nun partido do trofeo Festa d'Elx entre o Elche CF e o FC Barcelona en 2003.
  • Tempadas en : 20
    • Mellor posto: 5º (tempada 1963-64)
  • Tempadas en : 34
    • Mellor posto: 1º (tempadas 1958-59 e 2012-13)
  • Tempadas en 2ªB: 7
    • Mellor posto: 2º (tempada 1996-97)
  • Tempadas en : 19
    • Mellor posto: 1º (tempada 1957-58)

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • Elche Football Club (1923-1939).
  • Elche Club de Fútbol (1939-1997).
  • Elche Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva (Desde 1997).

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Elche CF.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 4 de setembro de 2013

Posto País Xogador
1 POR España Manu Herrera
2 DEF Flag of Uruguay.svg Damián Suárez
3 DEF España Alberto Botía (cedido polo Sevilla)
4 DEF España David Lombán
5 MED España Alberto Rivera
6 MED España Rubén Pérez (cedido polo Atlético de Madrid)
7 MED España Aarón Ñíguez
8 MED España Sergio Mantecón
9 DIA Flag of Ghana.svg Richmond Boakye (cedido polo Juventus)
10 MED España Javi Flores
11 DIA España Coro
12 DEF Francia Grégory Béranger
Posto País Xogador
13 POR España Toño
14 DIA España Manu del Moral (cedido polo Sevilla)
15 DIA España Carles Gil (cedido polo Valencia)
16 MED España Fidel
17 MED España Javi Márquez (cedido polo Mallorca)
18 DEF España Sergio Pelegrín
19 DEF Flag of Romania.svg Cristian Săpunaru
20 MED España David Generelo Capitán
21 DEF España Edu Albácar
22 DIA Bosnia e Hercegovina Miroslav Stevanović (cedido polo Sevilla)
23 DEF España Domingo Cisma
24 DEF Flag of Colombia.svg Carlos Sánchez

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España Leandro (na Ponferradina)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Distincións especiais[editar | editar a fonte]

  • Trofeo Antuerpen[3] (1): 1966-67

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Elche Club de Fútbol Ilicitano.

O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Elche Club de Fútbol

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]