Dado Pršo
Dado Pršo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Miladin Pršo | ||
Nacemento | 5 de novembro de 1974 (48 anos) | ||
Lugar de nacemento | Zadar | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1981–1983 | Bagat | ||
1983–1986 | Zadar | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1992 | Zadar | 47 | (8) |
1992–1993 | Pazinka | 25 | (7) |
1993–1995 | Rouen | 10 | (1) |
1995–1996 | Fréjus | 18 | (7) |
1996–2004 | Monaco | 101 | (28) |
1997–1999 | → Ajaccio (cedido) | 52 | (21) |
2004–2007 | Rangers | 94 | (31) |
Total | 348 | (103) | |
Selección nacional | |||
2003–2006 | Croacia | 32 | (9) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miladin "Dado" Pršo, nado en Zadar o 5 de novembro de 1974, é un exfutbolista croata. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección croata. Antes de dedicarse profesionalmente ó fútbol, traballaba coma mecánico en Croacia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dado Pršo debutou co NK Zadar no fútbol profesional, no ano 1991. Pouco despois marchou ó Hajduk Split e ó NK Pazinka sen causar un grande impacto. En 1993 foise vivir a Francia, adicándose a outros traballos mentres xoga en clubs modestos coma distracción, coma o FC Rouen e o San Raphael.
En 1996 ficha polo AS Monaco FC, e adícase a xogar no equipo de reservas. Foi cedido ao club italiano AC Ajaccio onde deu un moi bo rendemento o que fixo que á súa volta ao club francés en 1999 fora tomado máis en conta polos técnicos. Ese mesmo ano foi campión da liga francesa.
A mellor tempada de Prso no Monaco foi a 2003-2004, cando se proclamaron subcampións da Liga de Campións, perdendo na final contra o FC Porto. Durante as eliminatorias anotou catro goles na vitoria por 8-3 contra o Deportivo da Coruña.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Participou en dúas grandes competicións coa Selección croata: A Eurocopa de Fútbol 2004 en Portugal e o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.
En ámbalas dúas foi titular indiscutible, mais a escuadra non foi quen de supera-la primeira rolda en ningunha ocasión. Na Eurocopa anotou un gol contra a Francia nun disputado empate a dous goles.