José González Suárez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xaneiro de 1927 Ourense |
| Morte | 21 de outubro de 1971 |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Porteiro |
José González Suárez, máis coñecido como Pita, nado en Ourense o 7 de xaneiro de 1927 e finado o 21 de outubro de 1971, foi un futbolista galego que xogaba de gardameta. Debutou con só 15 anos na Orensana, club no que militou durante sete tempadas, e máis tarde xogou na Primeira División nas filas do Deportivo da Coruña, o Zaragoza e o Oviedo. Foi un dos primeiros porteiros goleadores da historia do fútbol español, sendo autor de cinco goles coa Orensana na tempada 1944/45.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1942, con só 15 anos, converteuse no gardameta da Orensana, club que se acababa de crear pola fusión doutros dous equipos ourensáns.[1] Xogou a primeira tempada na Serie A, ascendendo á Terceira División ese mesmo ano. Na primeira xornada da tempada 1944/45 marcou o seu primeiro gol, transformando un penalti nun partido contra o Betanzos no campo de Loña.[2] Esa mesma tempada marcou, tamén de penalti, contra o Santiago (tanto na ida como na volta),[3][4] contra o Turista e contra o Galicia de Ferrol, acabando como o terceiro máximo goleador do equipo, a pesar de xogar como porteiro. Xogou na Orensana ata 1949, logrando no seu último ano o ascenso á Segunda División.[5]
Fichou a continuación polo Deportivo da Coruña, onde foi durante tres anos suplente de Xoán Acuña. Debutou na Primeira División o 23 de outubro de 1949, nun partido contra o Valencia en Mestalla, substituíndo no descanso a Acuña, lesionado na clavícula.[6] Esa mesma tempada foi subcampión de liga, ao rematar o Deportivo a un só punto do campión, o Atlético de Madrid. Xogou un total de 24 partidos oficiais co Deportivo, a maioría deles na súa terceira tempada na Coruña.
Para a tempada 1952/53 saíu cedido ao Zaragoza, a cambio do regreso de Tino ao club coruñés.[5] No club aragonés foi o gardameta titular por diante de Higinio e Ruiz, disputando 25 partidos, e compartindo vestiario co verinés Avelino Chaves. En agosto de 1953 fichou polo Oviedo,[7] onde militou durante tres campañas, sen dispoñer de moitos partidos, ao ser o porteiro titular Argila.
A continuación xogou dúas tempadas no Rayo Vallecano e outra no Terrassa, todas elas na Segunda División.
Familia
[editar | editar a fonte]Era curmán do tamén gardameta Antonio Suárez, que, igual que Pita, defendeu tamén a portería da Orensana, así como a do CD Ourense.[8][5]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Outros[N 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Orensana | 1942/43 | Serie A | ? | ? | - | - | - | - | ? | ? |
| 1943/44 | Terceira | 16 | 0 | 2 | 0 | - | - | 18 | 0 | |
| 1944/45 | Terceira | 14 | 5 | - | - | - | - | 14 | 5 | |
| 1945/46 | Terceira | 12 | 0 | - | - | - | - | 12 | 0 | |
| 1946/47 | Terceira | 17 | 0 | - | - | - | - | 17 | 0 | |
| 1947/48 | Terceira | 13 | 0 | 1 | 0 | - | - | 14 | 0 | |
| 1948/49 | Terceira | 0 | 1 | 0 | - | - | 1 | 0 | ||
| Total club | 72 | 5 | 4 | 0 | 0 | 0 | 76 | 5 | ||
| Deportivo da Coruña | 1949/50 | Primeira | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | 5 | 0 |
| 1950/51 | Primeira | 2 | 0 | 2 | 0 | - | - | 4 | 0 | |
| 1951/52 | Primeira | 14 | 0 | 1 | 0 | - | - | 15 | 0 | |
| Total club | 21 | 0 | 3 | 0 | 0 | 0 | 24 | 0 | ||
| Zaragoza | 1952/53 | Primeira | 25 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 27 | 0 |
| Oviedo | 1953/54 | Primeira | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | 5 | 0 |
| 1954/55 | Segunda | 4 | 0 | 0 | 0 | - | - | 4 | 0 | |
| 1955/56 | Segunda | 6 | 0 | 0 | 0 | - | - | 6 | 0 | |
| Total club | 15 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 15 | 0 | ||
| Rayo Vallecano | 1956/57 | Segunda | 26 | 0 | 0 | 0 | - | - | 26 | 0 |
| 1957/58 | Segunda | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | 1 | 0 | |
| Total club | 27 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 27 | 0 | ||
| Terrassa | 1958/59 | Segunda | 12 | 0 | 0 | 0 | - | - | 12 | 0 |
| Total carreira | 172+ | 5 | 7 | 0 | 2 | 0 | 181+ | 0 | ||
- ↑ Inclúe partidos da Copa Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El deporte orensano". El Correo Gallego (en castelán) (22005). 23 de setembro de 1942. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "Orense, 3 - Betanzos, 1". El Ideal Gallego (en castelán) (8757). 26 de setembro de 1944. p. 4. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "Orensana, 7 - Santiago, 2". El Correo Gallego (en castelán) (22661). 24 de outubro de 1944. p. 4. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "El Santiago venció al Orensana". El Correo Gallego (en castelán) (22719). 2 de xaneiro de 1945. p. 5. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- 1 2 3 "Pita se despide de la afición". La Noche (en castelán) (9810). 5 de agosto de 1952. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "En el resultado de Mestalla (3-0 a favor del Valencia sobre el Deportivo) influyó la lesión de Acuña". El Correo Gallego (en castelán) (24190). 25 de outubro de 1949. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "Pita, al Oviedo". Hoja oficial del lunes (en castelán). 17 de agosto de 1953. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "Con Suárez y Rodolfo". La Región (en castelán) (10303). 27 de agosto de 1950. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).