Emilio Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emilio Pereiro Rey»)
Pereiro
Información persoal
Nome Emilio Pereiro Rey
Nacemento 1908
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 2 de novembro de 1993
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
–1924 Stadium Coruñés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1924–1929 Deportivo da Coruña 45 (37)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Emilio Pereiro Rey, nado na Coruña en 1908 e finado o 2 de novembro de 1993, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Stadium Coruñés ata 1924, cando fichou polo Deportivo da Coruña. Debutou co club coruñés con só 16 anos, nun partido amigable contra o Dundee F.C. escocés no campo de Riazor, que rematou con empate a tres goles.[1] Ese mesmo ano disputou o primeiro derbi co Celta de Vigo da historia, anotando dous dos tres goles coruñeses.[2] Gañou co Deportivo os Campionatos de Galicia de 1926/27 e 1927/28.

En 1926 debutou na Copa de España e no seu segundo encontro marcou un triplete no histórico 9-0 contra o Fortuna de Xixón. Na Copa de 1928 anotou un triplete contra o Celta, ao que lle marcou outros tres goles nun partido amigable ese mesmo verán. Ao longo da súa carreira no Deportivo, fíxolle 15 goles ao Celta, o que o coloca como o cuarto máximo goleador da historia dos derbis, superado só por Nolete, Chacho e Ramón Polo.

Retirouse en 1929, con só 21 anos, asegurando que nunca máis volvería pisar un campo de fútbol.[3] Faleceu o 2 de novembro de 1993.[4]

Familia[editar | editar a fonte]

Casou en 1930 con María de los Ángeles Precedo González,[5] coa que tivo dúas fillas. Foi tío do adestrador e tamén futbolista Luis Precedo, que xogou entre outros no Fabril.[6] Era cuñado do histórico futbolista do Deportivo Ramón González, pois este estaba casado coa súa irmá, María Pereiro Rey.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas de Sport". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 1924. p. 2. 
  2. "Brillante victoria del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 11 de novembro de 1924. p. 8. Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  3. "¿Se van Otero y Ramón?". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xaneiro de 1930. p. 13. 
  4. "Obituario". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de novembro de 1993. p. 71. 
  5. "Registro civil". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 1930. p. 4. 
  6. "Murió Luis Precedo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 1975. p. 28.