Noitevella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aspecto da Puerta del Sol de Madrid o día de Noitevella do ano 2006.

A Noitevella é a derradeira noite do ano, entre o 31 de decembro e o 1 de xaneiro (día de Aninovo).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Son innumerables as tradicións e as supersticións que se manifestan por todo o mundo en relación a esa noite. En España, a máis coñecida é a das doce uvas[1], que consiste en tomar unha uva por cada unha das doce badaladas que marcan a fin de ano. Máis recente é a moda de levar roupa interior vermella: bragas, calzóns, unha liga etc.

En Colombia tamén se adoptou a tradición das doce uvas, especialmente na rexión andina do país. A diferenza de España, a roupa interior a levar debe ser de cor amarela.

En Chile a tradición consiste en comer lentellas no momento que dan as doce da noite, e en certos lugares, cando comezan os fogos artificiais.

Na maioría dos países, con todo, o costume máis estendido é brindar con champaña á medianoite.

Os primeiros en entrar no novo ano son os habitantes das illas da Liña, en Kiribati.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]