Luis Urquiri
Luis Urquiri | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Urquiri Urain | ||
Nacemento | 1 de setembro de 1906 | ||
Lugar de nacemento | Deba | ||
Falecemento | 1 de maio de 1979 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1930–1933 | Alavés | 50 | (0) |
1939–1941 | Atlético Aviación | 11 | (0) |
Adestrador | |||
1942–1943 | Hércules | ||
1945–1947 | Hércules | ||
1947–1948 | Deportivo da Coruña | ||
1948–1949 | Málaga | ||
1950–1951 | Zaragoza | ||
1951–1954 | Oviedo | ||
1953 | Celta de Vigo | ||
1954–1955 | Racing de Santander | ||
1955–1956 | Celta de Vigo | ||
1956–1958 | Alavés | ||
1965–1966 | Alavés | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Urquiri Urain, nado en Deba (Guipúscoa) o 1 de setembro de 1906 e finado en 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Como xogador militou como centrocampista do Deportivo Alavés e no Atlético Aviación en Primeira División nos anos trinta e corenta. Co Atlético Aviación gañou dúas ligas e unha Copa Eva Duarte.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Na súa traxectoria como técnico descubriuse como un experto en acadar ascensos, conseguíndoo con Deportivo da Coruña, Málaga CF, Real Zaragoza e Real Oviedo.
No ano 1953 fai un inciso na súa traxectoria co Real Oviedo para adestrar ao Celta de Vigo inmerso na liga de descenso a Segunda División na que finalmente descendería pero a renuncia do España Industrial a ascender fai que o Celta poida salvala categoría.
Dous anos despois, na tempada 1955-56, e tras que o adestrador éuscaro Antonio Barrio dera plantón ao Celta de Vigo, con quen xa tiña un acordo, polo Atlético de Madrid a directiva céltica volve a contratar a Urquiri. O técnico mantivo ao Celta na zona tranquila nunha boa tempada na que o dianteiro vigués Mauro case acada o Trofeo Pichichi quedando a só un gol de Alfredo Di Stéfano. Ao finalizar a tempada Urquiri deixa o equipo, sendo substituído por Alejandro Scopelli.
- Nados en 1906
- Finados en 1979
- Nados en Deba
- Futbolistas do País Vasco
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores do CD Málaga
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do Real Oviedo
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Racing de Santander
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Deportivo Alavés