José Iglesias Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joseíto
Información persoal
Nome completoJosé Iglesias Fernández
Nacemento23 de decembro de 1926
LugarZamora, España
Falecemento12 de xullo de 2007 (80 anos)
LugarGranada, España
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1943–1944Atlético Zamora
1944–1947Valladolid
1947–1949Salamanca
1949–1951Racing de Santander10(3)
1951–1959Real Madrid124(51)
1959–1960Levante
1960–1961Rayo Vallecano
Selección nacional
1952–1953España1(0)
Adestrador
1963–1965Celta de Vigo
1965–1966Tenerife
1968–1969Valencia
1970–1975Granada
1976Murcia
1976–1978Alavés
1980Deportivo da Coruña
1981–1982Tenerife
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José "Joseíto" Iglesias Fernández, nado en Zamora o 23 de decembro de 1926 e finado en Granada o 12 de xullo de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

A súa carreira comeza no equipo da súa cidade natal, xogando despois no Real Valladolid, Racing de Santander, Real Madrid, Levante UD e Rayo Vallecano.

Destaca as súas oito tempadas no Real Madrid dos anos cincuenta entre os anos 1951 e 1959, no que disputou 123 encontros gañou catro ligas e catro copas de Europa, formou parte do once inicial co que o equipo madrileño conquistou a primeira copa de Europa ante o Stade de Reims por 4-3. Neste período tamén foi convocado coa selección española ante Alemaña Federal, encontro que rematou en 2-2.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

O primeiro equipo ás súas ordes foi o Celta de Vigo, que tentaba conseguir o ascenso a Primeira División. Tras dúas tempadas e ao non conseguir os obxectivos o técnico deixa o equipo no ano 1965.

Posteriormente Joseíto adestrou a Valencia CF, Deportivo da Coruña, Córdoba CF, Real Murcia, CD Tenerife, Deportivo Alavés e Granada CF. Nesta cidade estableceuse tras retirarse do fútbol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]