Saltar ao contido

Signal Iduna Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Westfalenstadion»)
Signal Iduna Park
Dortmund Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Custo
17.000.000 € Editar o valor en Wikidata
 Deporte
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Propietario/a
 Arquitecto/a
Planungsgruppe Drahtler
Datas
 Fundación / creación
1971 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Acontecementos
Dimensión
Capacidade81.359 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Strobelallee 50, D-44139 Dortmund Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Westfalenstadion, coñecido por motivos de patrocinio como Signal Iduna Park, é un estadio de fútbol situado na cidade de Dortmund, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ao oeste de Alemaña. É a sede habitual do club de fútbol Borussia Dortmund. Coas súas torres de suspensión amarelas o estadio é un símbolo da cidade.

Foi reconstruído para ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña, converténdose entón no estadio de fútbol máis grande do país. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Dortmund, por razóns estipuladas no regulamento da FIFA. A arquitectura externa do Signal Iduna Park está composta de oito alicerces de suxeición amarelos de 62 metros de altura. O resto da estrutura é de aceiro.