Jaime Agulló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaime Agulló
Información persoal
Nome Jaime Eduardo Agulló Quintela
Nacemento 14 de setembro de 1962
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1980 Orillamar SD
1980–1981 Fabril
1981–1989 Deportivo da Coruña 150 (9)
1989–1993 Racing de Ferrol
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jaime Eduardo Agulló Quintela, nado na Coruña o 14 de setembro de 1962, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

É fillo do exfutbolista Jaime Agulló Blasco e pai de Pablo Agulló, futbolista do Bergantiños.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Colexio Santa María del Mar, en categoría benxamín, e cando estaba en alevíns recibiu a visita de persoal do Deportivo da Coruña, que lle ofreceu incorporarse ao club. Militou nos equipos alevín e infantil do Deportivo e aos 15 anos xogou a liga de modestos do Orillamar SD.[1]

A continuación volveu ao Deportivo, incorporándose ao Fabril, co que xogou ata 1981, cando deu o salto ao primeiro equipo. Debutou nun partido de Copa do Rei fronte ao Tenerife e participou en 17 partidos nesa tempada, anotando un gol fronte ao Castilla. Xogou sete tempadas máis no Deportivo, todas elas co equipo coruñés en Segunda División, disputando un total de 198 partidos oficiais e marcando 9 goles.

Foi autor do que posiblemente sexa o tanto máis espectacular da historia do Deportivo. Executa un libre directo de forma maxistral que acaba en gol axustado á escuadra sen que o porteiro poida facer nada. O árbitro, por non ter sinalado o lanzamento del, obriga a un novo lanzamento. O novo disparo resulta un calco do anterior, neste caso si que sobe ao marcador.

Na tempada 1989–90 foi contratado polo Racing de Ferrol, en Segunda División B. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Terceira División. Non obstante, viviu o regreso á división de bronce do equipo ferrolán na temporada 1991/92. E terminou a súa etapa ferrolá, e con ela a súa traxectoria como futbolista, na campaña 1992/93.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Palleiro, Armando; Díaz, Miguel; Suárez, Luis (2 de outubro de 2018). "La familia Agulló, tres generaciones en blanquiazul". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021.