José Pedro Cea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Cea
PedroCea.JPG
Información persoal
Nome completo José Pedro Cea
Nacemento 1 de setembro de 1900
Lugar Redondela, Galicia
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1922-1924 Club Atlético Lito
Club Atlético Bella Vista
19251930 Club Nacional de Football
1934-35 Club Nacional de Football
Selección nacional
1923-1932 Selección de fútbol de Uruguai 27 (13)
Adestrador
1941-42 Selección de fútbol de Uruguai
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Pedro Cea alcumado nos campos de fútbol como Vasco Cea, nado o 1 de setembro de 1900 en Redondela e finado o 18 de setembro de 1970 en Montevideo, Uruguai, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi dúas veces medallista olímpico e o primeiro galego en conseguir unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar de que existen versións que sitúan o seu lugar de nacemento no barrio de Montevideo chamado Arroyo Seco, o certo é que Pedro Cea naceu en Redondela de onde emigrou moi xove cos seus pais ao Uruguai.

Alí desenvolveu unha extensa carreira futbolística que o levou a entrar na listaxe dos mellores futbolistas suramericanos do século XX[1], nesa clasificación ocupa o 43º lugar, compartindo posto cos brasileiros Ademir Marques de Menezes e Domingos Antônio da Guía e co arxentino Raimundo Orsi.

Comezou a xogar no Club Atlético Lito en 1922, pero ao pouco tempo e tras unha tempada de paso polo CA Bella Vista recala no Club Nacional de Football. Abrindo unha época na que colleitaría os seus mellores éxitos deportivos, como por exemplo a Liga de Uruguai de 1934 ou a xira europea do club de 1925.

Coa Selección de fútbol de Uruguai[editar | editar a fonte]

Coa Selección de Uruguai xogou un total de 27 encontros marcando 13 goles, entre eles tódolos encontros dos dous Xogos Olímpicos e o Mundial de Fútbol que gañou a selección uruguaia entre os anos 1924 e 1930, a chamada Xeración olímpica.

Medallas olímpicas
Ouro Fútbol París 1924
Ouro Fútbol Amsterdam 1928

A súa vez tamén recibiu o alcume de o empatador olímpico pola importancia dos seus goles en ditos torneos, xa que marcou os goles do empate nas semifinais tanto en 1924 ante Holanda, con 2-1 de resultado final, como en 1928 ante Italia, con 3-1 final, e tamén marcou o gol do empate 2-2 ante Arxentina na final do primeiro Mundial de fútbol disputado en Uruguai en 1930, encontro que gañaron os anfitrións por 4-2. Foi tamén o máximo goleador do combinado na Copa Mundial con 5 goles so superado polo arxentino Guillermo Stábile con 8.

Nos Xogos Olímpicos de Amsterdam 1928 compartiu equipo e medalla co tamén natural de Redondela Lorenzo Fernández.

Retirouse xogando no Nacional no ano 1935.

Volveu unha vez máis ao fútbol de elite para adestrar á Selección de fútbol de Uruguai na Copa América de 1942, na que o equipo se proclamou campión.

Posteriormente traballou de comentarista na radio xunto a Dalton Rosas Riolfo no programa Tierra de Campeones, onde resumiu a seu concepto de como se debía xogar ao fútbol en curta e ao pe.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Participación na Copa América[editar | editar a fonte]

Como xogador

Ano Sede Resultado Partidos/goles
1923[2] Flag of Uruguay.svg Uruguai Campión 3 (1)
1924[3] Flag of Uruguay.svg Uruguai Campión 3 (1)
1929[4] Flag of Argentina.svg Arxentina 3º posto 2 (0)

Como adestrador

Ano Sede Resultado
1941[5] Flag of Uruguay.svg Uruguai Subcampión
1942[6] Flag of Uruguay.svg Uruguai Campión

Participación nos Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Ano Sede Resultado Partidos/goles
1924 Francia París Medalla de Ouro 5 (4)
1928 Flag of the Netherlands.svg Ámsterdam Medalla de Ouro 5 (1)

Participación na Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

Ano Sede Resultado Partidos/goles
1930 Flag of Uruguay.svg Uruguai Campión 4 (5)

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Uruguai Club Nacional de Football Uruguai 1933
Liga de Uruguai Club Nacional de Football Uruguai 1934

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Copa Lipton Selección de fútbol de Uruguai 1924
Copa Lipton Selección de fútbol de Uruguai 1927
Copa Lipton Selección de fútbol de Uruguai 1929
Copa Newton Selección de fútbol de Uruguai 1929
Copa Newton Selección de fútbol de Uruguai 1930

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Club Ano
43º Mellor xogador sudamericano do século XX 2006

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]