Juan Domínguez
Juan Domínguez | |||
---|---|---|---|
![]() Juan Domínguez xogando para o Deportivo | |||
Información persoal | |||
Nome | Juan Domínguez Lamas | ||
Nacemento | 8 de xaneiro de 1990 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pontedeume | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Mediocentro | ||
Información de club | |||
Club actual | PAS Giannina | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2004 | Narón | ||
2004–2008 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2010 | Deportivo B | 31 | (3) |
2009–2017 | Deportivo da Coruña | 158 | (10) |
2016–2017 | → Mallorca (cedido) | 30 | (1) |
2017–2019 | Reus | 50 | (3) |
2019–2020 | Sturm Graz | 40 | (4) |
2020– | PAS Giannina | 55 | (1) |
Selección nacional | |||
2016 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 10 de xuño de 2022. Selección: actualizado a 9 de xullo de 2017.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Domínguez Lamas, nado en Pontedeume o 8 de xaneiro de 1990, é un futbolista galego. Xoga de mediocentro e o seu equipo actual é o PAS Giannina grego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tivo o seu primeiro contacto co fútbol aos seis anos no equipo de fútbol sala de Narón O Freixo. En 1999 pasou a formar parte do Narón Balompé Piñeiros, participando en competicións de fútbol sala e fútbol-7. Foi convocado para formar parte da selección benxamín galega de fútbol sala na que coincidiu entre outros co futuro internacional Thiago Alcántara, e coa que se proclamou campión de España. No 2001 pasou a xogar nos equipos de fútbol-11 do Narón Balompé ata que no 2004 fichou polo Deportivo da Coruña á idade de 14 anos.
Continuou a súa formación nas categorías inferiores do Deportivo, xogando na posición de mediocentro. Iniciou a súa andaina no Deportivo na categoría cadete, pasando logo ao equipo xuvenil. Nesta etapa foi convocado coa selección galega sub-15 e a selección española sub-16. Na tempada 2006/2007 foi chamado por Joaquín Caparrós para facer a pretempada co primeiro equipo, e na tempada 2007/08 proclamouse cos xuvenís campión da División de Honra.
Debutou co Fabril en xaneiro de 2008, permanecendo no filial ata a campaña 2009/10. Na última tempada no Fabril xa foi convocado por Miguel Ángel Lotina co primeiro equipo. O seu debut en Primeira produciuse o 13 de decembro de 2009 no Estadio de los Juegos Mediterráneos de Almería, nun partido contra o Almería (1-1). Asinou o seu primeiro contrato profesional o 16 de abril de 2010[1]. O 15 de decembro de 2011, asinou a ampliación do seu contrato co Deportivo da Coruña ata xuño do 2015.[2]
O 22 de agosto de 2017 anunciou en rolda de prensa a súa rescisión de contrato co Deportivo, logo de 13 anos como xogador nas distintas categorías da entidade.[3] Un día despois anunciouse a súa fichaxe polo CF Reus de Segunda División, cun contrato por tres temporadas.[4]
Selección galega[editar | editar a fonte]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Actualizado a 12 de xaneiro de 2016.
Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
Deportivo da Coruña | 2015–16 | 5 | 0 | 4 | 1 | – | – | 9 | 1 |
2014–15 | 22 | 1 | 2 | 0 | – | – | 24 | 1 | |
2013–14 | 39 | 4 | 0 | 0 | – | – | 39 | 4 | |
2012–13 | 24 | 1 | 2 | 0 | – | – | 26 | 1 | |
2011–12 | 35 | 4 | 2 | 1 | – | – | 37 | 5 | |
2010–11 | 20 | 0 | 1 | 0 | – | – | 21 | 0 | |
2009–10 | 13 | 0 | 2 | 0 | – | – | 15 | 0 | |
Deportivo B | 2009–10 | 9 | 2 | – | – | – | – | 9 | 2 |
2008–09 | 18 | 1 | – | – | – | – | 18 | 1 | |
2007–08 | 4 | 0 | – | – | – | – | 4 | 0 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Deportivo xuvenil
- División de Honra (1): 2007/08.
- Deportivo
- Segunda División (1): 2011–12.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Juan Domínguez firma ata 2013
- ↑ Juan Domínguez asina ata 2015
- ↑ "Juan Domínguez despediuse esta mañá "do Club da miña vida"". Deportivo da Coruña. 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Juan Domínguez, nou jugador del CF Reus". Reus Deportiu. 23 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017. (en catalán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1990
- Nados en Pontedeume
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Narón Balompé
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do CF Reus Deportiu
- Xogadores do SK Sturm Graz
- Xogadores do PAS Giannina FC
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia