Kaká
Ricardo Izecson Dos Santos Leite, coñecido como Kaká, nado en Gama (Distrito Federal) o 22 de abril de 1982, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.
Foi 92 veces internacional coa selección brasileira. Foi galardoado co FIFA World Player, o Balón de Ouro, e o FIFpro ao mellor xogador do mundo, todos en 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en São Paulo desde os sete anos. É o irmán máis vello de Rodrigo Izecson Dos Santos Leite, máis coñecido como Digão. Rodrigo seguiu os pasos do seu irmán e xogou na Serie B, no equipo Rimini Calcio, despois de que fose cedido por un tempo por parte do AC Milan. O seu traspaso ao Real Madrid en 2009 foi o segundo máis caro da historia ata aquel entón, só por detrás do de Zidane ao mesmo equipo.
Kaká, que é membro da Igrexa Evanxélica, sendo un dos Atletas de Cristo, casou con Caroline Celico o 23 de decembro de 2005 en São Paulo. O seu curmán Eduardo Delani foi tamén futbolista profesional.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Supercampión Paulista | São Paulo FC | Brasil | 2002 |
| Serie A | AC Milan | Italia | 2004 |
| Supercopa de Italia | AC Milan | Italia | 2004 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club ou selección | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa Mundial de Fútbol | Selección do Brasil | Brasil | 2002 |
| Supercopa de Europa | AC Milan | Italia | 2003 |
| Copa FIFA Confederaciones | Selección do Brasil | Brasil | 2005 |
| Liga de Campións | AC Milan | Italia | 2007 |
| Supercopa de Europa | AC Milan | Italia | 2007 |
| Copa Mundial de Clubs | AC Milan | Italia | 2007 |
| Copa FIFA Confederaciones | Selección do Brasil | Suráfrica | 2009 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]| Distinción | Ano |
|---|---|
| Xogador do ano na Serie A | 2004 |
| Mellor centrocampista europeo | 2005 |
| Máximo goleador da Liga de Campións (10 goles) | 2007 |
| Mellor dianteiro de Liga de Campións | 2007 |
| Mellor xogador do Mundo por FIFPro | 2007 |
| Gañador do Balón de Ouro | 2007 |
| Xogador máis valioso da Copa Mundial de Clubs | 2007 |
| Gañador do FIFA World Player | 2007 |
| Gañador do Once de Ouro | 2007 |
| Balón de Ouro da Copa FIFA Confederaciones | 2009 |
| Marca Leyenda | 2009 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kaká |
- Perfil no sitio oficial do Real Madrid
- Estatísticas FIFA de Kaká Arquivado 05 de maio de 2010 en Wayback Machine.
- Kaká Perfil e Estatísticas en FootballDatabase
- Nados en 1982
- Nados no Distrito Federal, Brasil
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Balón de Ouro
- Xogadores do São Paulo FC
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores do Mundial