Jorge Alberto de Mendonça Paulino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Mendonça
Información persoal
Nome Jorge Alberto de Mendonça Paulino
Nacemento 19 de setembro de 1938 (83 anos)
Lugar de nacemento Luanda
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1955–1956 Sporting CP
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1956–1958 Braga 24 (15)
1958 Deportivo 7 (3)
1958–1967 Atlético 167 (59)
1967–1969 Barcelona 33 (9)
1969–1970 Mallorca 5 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jorge Alberto de Mendonça Paulino, nado en Luanda (Angola) o 19 de setembro de 1938, é un ex futbolista portugués, de orixe angolana. Xogaba de dianteiro.

Tras comezar a súa carreira en Portugal, chegou á Coruña en 1958 xunto a seus irmáns Fernando e João para axudar ao Deportivo da Coruña a lograr a permanencia en Segunda División, pois este atopábase en postos de descenso. Tras logralo fichou polo Atlético de Madrid, onde estivo nove tempadas, gañando cinco títulos. Logo xogou no FC Barcelona e no Mallorca ata a súa retirada en 1970.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios (1938-1958)[editar | editar a fonte]

Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Súa nai era angolana e seu pai un portugués enviado a Angola para traballar no Observatorio Meteorolóxico. Este foi fundador do Sporting Clube de Luanda.[1] A familia trasladouse logo a Portugal, onde Jorge comezou a xogar na canteira do Sporting de Portugal, pasando logo ao Sporting de Braga.[2]

Deportivo da Coruña (1958)[editar | editar a fonte]

En 1958 chegou a Galicia xunto aos seus irmáns Fernando e João para tentar salvar ao Deportivo da Coruña do descenso á Terceira División, cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Finalmente João non puido xogar debido a problemas burocráticos pero si o fixeron seus irmáns, gañando case todos os partidos e conseguindo a salvación na fase de permanencia fronte ao Ourense, con dous goles de Jorge Mendonça.[3]

Atlético de Madrid (1958-1967)[editar | editar a fonte]

En 1958 marchou para o Atlético de Madrid, debutando na primeira división o 14 de setembro de 1958 na vitoria por 2 0 fronte ao Oviedo, na que Mendoça marcou o segundo gol do seu equipo.[4] En 1960 gañou a Copa do Xeneralísimo, o primeiro título de Copa da historia do Atlético de Madrid, título que revalidou ao ano seguinte. Na tempada 1961-62 proclamouse campión da Recopa de Europa, primeiro título europeo da historia do conxunto branquivermello. No partido de desempate da final fronte á Fiorentina, Mendonça marcou un dos tres goles atléticos.

Anos máis tarde sumou ao seu palmarés unha nova Copa e o campionato de liga da tempada 1965/66. O 15 de setembro de 1965 saíu a ombreiros do Stadium Metropolitano, despois de anotar un triplete fronte ao Dinamo de Zagreb na Recopa de Europa.[1][5] Xogou un total de nove tempadas co Atlético de Madrid, disputando 234 partidos e marcando 91 goles, para conseguir cinco títulos, ademais de tres subcampionatos de liga e un subcampionato da Recopa de Europa.

FC Barcelona (1967-1969)[editar | editar a fonte]

Ademais pasou á historia por ser o xogador que marcou o gol que puña punto final á mellor serie de vitorias do Real Madrid no seu estadio. O Real Madrid estivo sen perder en liga oito anos e 18 días (2.940 días, 121 partidos), converténdose no equipo que máis tempo estivo sen perder en casa na historia da liga. A xeira acabouse cando o 7 de marzo de 1965 Mendoça marcou o gol (minuto 74) que daba a vitoria ao equipo branquivermello.

En 1967 foi traspasado ao FC Barcelona por 12 millóns de pesetas.[1] Na súa primeira tempada gañou unha Copa do Xeneralísimo e conseguiu o subcampionato de liga. Permaneceu no equipo dúas tempadas, nas que marcou 16 goles. Foi apartado do club polo presidente Narcís de Carreras por motivos relixiosos, debido a que era testemuña de Xehová.[1]

RCD Mallorca (1969-1970)[editar | editar a fonte]

En 1969 marchou xogar ao Mallorca. Nesa tempada, tras a cal o equipo descendeu a Segunda división, case non dispuxo de oportunidades para xogar.

Tras deixar o fútbol (1970-actualidade)[editar | editar a fonte]

Despois de retirarse do fútbol marchou a Francia coa súa muller e alí estudou homeopatía. Tres anos despois regresou a España, onde traballou na embaixada de Angola, creou un equipo de inmigrantes e organizou un Mundial de Inmigrantes.[1][5] Logo regresou a Angola, a petición do goberno angolano, para impulsar o fútbol naquel país. Creou unha escola de fútbol e colaborou co Clube Desportivo Primeiro de Agosto, ademais de fundar a Asociación de Futbolistas Profesionais de África (AFPA).[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Giraldo, Javier (1 de febreiro de 2018). "Jorge Alberto Mendoza, la increíble historia del culé que se hizo predicador". Sport (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  2. Guijarro, Miguel Ángel (22 de decembro de 2004). "Técnica y magia angoleña" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  3. "Temporada 1957-1958". RC Deportivo. Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  4. Pina, Nivardo (15 de setembro de 1958). "At. Madrid, 2 - Oviedo, 0" (PDF). Mundo Deportivo (Madrid). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Hernández, Javier (11 de xuño de 2004). ""El balón no pide el DNI a quien le golpea"". As (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]