El Eco de Galicia (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Galicia

Editar o valor em Wikidata
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 3865
editar datos en Wikidata ]

El Eco de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1904 e 1916.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario católico é independiente. Cambiou o subtítulo o 10 de marzo de 1909 polo de Diario católico, independiente y de información, dende o 4 de novembro de 1910 pasou a Diario católico, e dende o 6 de xaneiro de 1915 saíu sen subtítulo. Estivo dirixido por Eugenio Zabala, despois polo sacerdote José Gómez Martínez (Zenitram) (entre 1908 e 1913) e por Antonio Valcárcel López (de 1914 a 1916). Entre os seus redactores figurou José Toubes Pego. Era a voz do Arcebispo de Santiago José María Martín de Herrera. Desapareceu cun incendio en agosto de 1916. Foi continuado por El Ideal Gallego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]