El Ideal Gallego
| El Ideal Gallego | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.
Historia e características
[editar | editar a fonte]
Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co apoio do arcebispo de Santiago, apareceu o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono Alberto Paredes Bravo (finado en 1925) e outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1935 o director do xornal foi José Martínez Pereiro[1]. A este sucedeuno Santiago Lozano García en decembro de 1935.
Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Ideal Gallego |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ideal Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gaciño, José Antonio; et al. (2005). "Ideal Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- López García, Xosé; et al. (2001). La prensa diaria en Galicia (1976-2000) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-891-X.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.