Saltar ao contido

Alex Ferguson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlex Ferguson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alexander Chapman Ferguson Editar o valor en Wikidata
31 de decembro de 1941 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Govan Editar o valor en Wikidata
EducaciónBroomloan Road Primary School (en) Traducir
Govan High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol, adestramento deportivo, biografía, literatura de divulgación científica e Gestão do Esporte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista, escritor, xerente, autobiógrafo, adestrador de fútbol, deportista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFergie Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Queen's Park Football Club
1960–1964 St. Johnstone F.C. 37(19)
1964–1967 Dunfermline Athletic F.C. 89(247)
1967–1969 Rangers F.C. 41(25)
1969–1973 Falkirk Football Club 95(37)
1973–1974 Ayr United Football Club 24(9)
  Selección nacional Número de eventos xogados
1967–1967 Scottish FL XI 2(1)
1967–1967   selección de fútbol de Escocia B 7(9)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1974–1975 East Stirlingshire Football Club (pt) Traducir (adestrador en xefe)
1975–1978 St. Mirren F.C. (adestrador en xefe)
1978–1986 Aberdeen F.C. (adestrador en xefe)
1985–1986   Escocia (adestrador en xefe)
1986–2013   Manchester United FC (adestrador en xefe) Editar o valor en Wikidata
Participou en
setembro de 2012Liga de Campións da UEFA Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDarren Ferguson Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0272365 Allocine: 691612 BNE: XX5798556 Editar o valor en Wikidata

Sir Alexander Chapman "Alex" Ferguson, CBE, nado en Govan (Glasgow) o 31 de decembro de 1941, é un exadestrador e futbolista escocés. Foi técnico do Manchester United dende 1986 até 2013.

Na súa memoria, como o adestrador con máis títulos na historia do fútbol, o 13 de maio de cada ano celébrase o Día Mundial do Adestrador de Fútbol, lembrando que, nesta data do 13 de maio de 2013, celebrou o seu último partido.</ref>La Voz de Galicia, 14.05.2025.</ref>[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Adestrou ao East Stirlingshire, ao St. Mirren e ao Aberdeen, desde onde se trasladou ao banco de Old Trafford. Tamén foi seleccionador escocés tras a morte de Jock Stein. Adestrou durante máis de dúas décadas ao Manchester United, converténdose no técnico con máis anos no equipo desde Matt Busby (1945-1969).

Con el no banco, o United obtivo once campionatos ligueiros e dous títulos europeos, máis títulos que en toda a súa historia até o mento. Tamén foi nomeado «adestrador do ano» en máis ocasións que calquera outro na historia. En 1999 converteuse no único adestrador en obter nun mesmo ano e cun equipo británico Premier League, FA Cup e Champions; así mesmo, é o único adestrador que se impuxo na FA Cup en cinco ocasións, así como o único técnico en obter a Premier co mesmo equipo en tres ocasións consecutivas (1998-99, 1999-00 e 2000-01; 2006-07, 2007-08 e 2008-09). En 2008 converteuse, despois de Brian Clough (Nottingham Forest) e Bob Pasley (Liverpool), no terceiro adestrador británico en obter en dúas ocasións a Champions League.

No plano individual é membro do English Football Hall of Fame e comandante do Imperio Británico (CBE), honra que lle concedeu Sabela II en 1999. Ademais, despois de conducir ao equipo da cidade cara á "idade de ouro" da súa historia, o concello de Aberdeen concedeulle o Freedom of the City of Aberdeen.

  1. "Día Mundial del Entrenador de Fútbol" (en castelán). Consultado o 24.11.2025.