Saltar ao contido

Nós Diario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nós Diario
 Título
Nós Diario Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Autoría
 Director/a
Datas e cronoloxía
 Data de creación
2 de xaneiro de 2020 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: NosDiarioGZ Twitter: NosDiario Instagram: nosdiario Youtube: UCSnk3GAeQ5JxJVXeYKT0OOQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Nós Diario é un xornal galego, publicado en Santiago de Compostela. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 2 de xaneiro de 2020.[1]

En novembro de 2017 o consello de administración da empresa Sermos Galiza S.A. emitiu un comunicado no que anunciaba a súa intención de comezar a editar un diario en papel.[2] Para facelo realidade artellouse un grupo promotor de 175 persoas e colectivos sociais,[3] que presentou o proxecto en xaneiro de 2018.[4] Conseguida a participación de máis de 3000 subscritores anunciou a súa saída para 2019,[5] aparecendo nos quioscos en xaneiro do 2020 con exemplares cinco días por semana (de terza feira a sábado).

O xornal foi excluído polo goberno galego do repartimento de axudas aos medios do ano 2021, co argumento de non ser un diario, malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".[6] A Xunta volveu excluír o xornal da liña de axudas no 2022, malia figurar entre os seus obxectivos a normalización da lingua e a defensa da cultura galega.[7] As reclamacións da empresa foron desestimadas polo TSXG en xaneiro de 2023.[8]

Consello de administración

[editar | editar a fonte]
  1. "Nós Diario: o soño que virou nunha realidade". Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 
  2. "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28. 
  3. "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". Nós Diario. Consultado o 2022-03-08. 
  4. "Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28. 
  5. "Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego". Nós Diario. Consultado o 2022-03-11. 
  6. "A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa". Nós Diario. Consultado o 2022-03-16. 
  7. "A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita". Nós Diario. 2022-05-05. Consultado o 2022-05-05. 
  8. Costa, Xoán (2023-01-04). "A xustiza, os dicionarios e a lóxica". Nós Diario. Consultado o 2023-01-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]