Luis García Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis
Información persoal
Nome Luis García Mosquera
Nacido 13 de maio de 1946
Lugar Viveiro
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1961–1963 Liceo de Monelos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1963–1964 Liceo de Monelos
1964–1968 Fabril
1968–1976 Deportivo da Coruña 169 (2)
1976–1977 Getafe Deportivo 16 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Luis García Mosquera, nado en Viveiro o 13 de maio de 1946, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Viveiro e aos 14 anos trasladouse á rúa Vizcaya da Coruña. Alí ingresou no Liceo de Monelos, onde xogou primeiro como xuvenil e logo dous anos na categoría de modestos. En novembro de 1964, Vizoso levouno para o Fabril,[1] no que xogou durante catro campañas ata que no verán de 1968 pasou ao Deportivo da Coruña.[2]

Na tempada 1968–69 debutou co Deportivo en Primeira División, na primeira xornada de liga contra o CD Málaga a domicilio que rematou con derrota deportivista (3–1). Nesa campaña participou en 27 partidos, formando parte da defensa habitual no esquema de Cheché Martín, acompañado por José Domínguez, José Manuel Sertucha e Antonio Benlloch.

Xogou un total de oito tempadas no Deportivo, disputando máis de 200 partidos e vivindo tres descensos e dous ascensos. En 1976 fichou polo Getafe Deportivo de Segunda División, no que militou durante unha tempada antes de retirarse e volver á Coruña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mal partido en Riazor con victoria del Fabril sobre el Europa por 4-1". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1964. p. 4. 
  2. "Luis pasó al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1968. p. 8. 
  3. "Luis". La Voz de Galicia (en castelán). de xuño de 1994. p. 95. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]