Saltar ao contido

Roberto Soldado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Soldado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Roberto Soldado Rillo Editar o valor en Wikidata
27 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007 cesión   CA Osasuna 41(12)
2006–2008   Real Madrid CF 27(4)
2008–2010   Getafe CF 66(33)
2010–2013   Valencia CF 141(82)
2013–2015 Tottenham Hotspur 76(16)
2015, 2017–   Villarreal Club de Fútbol 55(12)
2017–2019 Fenerbahçe 59(19)
2019–2021   Granada CF 82(25)
2021–   Levante UD 1(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003   España sub-17 18(12)
2002–2004   España sub-19 9(5)
2003–2003   España sub-18 3(3)
2004–2007   España sub-21 17(7)
2007–2013   España 12(7)

Facebook: r9soldado Twitter: R9Soldado Instagram: r9soldado FIFA: 216849 UEFA: 63944 Editar o valor en Wikidata

Roberto Soldado Rillo, nado en Valencia o 27 de maio de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Granada CF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou ás categorías inferiores do Real Madrid aos catorce anos, o verán de 2000, tras destacar no Don Bosco CF, equipo valenciano de categoría autonómica. Tras pasar por todas as categorías inferiores do Real Madrid, a tempada 2002/03 ascende ao Real Madrid Castilla, onde empeza a despuntar como goleador: 7 tantos o primeiro ano, 16 o segundo e 21 o terceiro, no que ademais o filial logra o ascenso a Segunda División. Esa mesma tempada chega a debutar en partido oficial co primeiro equipo, con motivo dun partido da Copa do Rei ante o CD Tenerife.

A seguinte tempada, a pesar de ter aínda ficha co Castilla, chega o seu debut co primeiro equipo na Primeira División -o 23 de outubro de 2005 ante o Valencia CF- así como na Liga de Campións. A pesar de ser requirido en varias ocasións polo primeiro equipo, nos 29 partidos que esa tempada disputa co filial logra 19 goles, quedando como o segundo máximo goleador da Segunda División esa tempada.

Na tempada 2006-07 foi cedido ao Club Atlético Osasuna de Primeira División, onde se converte no máximo realizador do seu equipo, con once goles na liga, ademais de lograr o maior éxito na historia do club ao alcanzar as semifinais da Copa da UEFA.

A boa tempada realizada en Pamplona permitiulle regresar ao Real Madrid o verán de 2007, ademais de ampliar o seu contrato co club branco ata o 2012. Na súa volta ao equipo branco o xogador loce o dorsal número 9. A tempada termina co título ligueiro conquistado polo seu equipo, aínda que Soldado apenas conta para o adestrador, Bernd Schuster, e só disputa 8 partidos en toda a tempada (entre Liga, Copa e Liga de Campións).

O 29 de xullo de 2008 o xogador foi traspasado ao Getafe CF por seis millóns (catro iniciais e dous máis se o xogador é vendido, no futuro, a outro club). O contrato foi de catro tempadas.

Na súa primeira tempada no Getafe, arrinca a tempada alternando entre a titularidade e a suplencia, pero aos poucos partidos, tras as súas boas actuacións convértese nun fixo nas aliñacións de Víctor Muñoz. A pesar do mal rendemento do equipo, Soldado logra anotar 13 goles en 34 partidos. Esta tempada o equipo logra a permanencia grazas a Michel, que substituíu a Víctor Muñoz na xornada 31. O Getafe termina 17º e Soldado máximo goleador do equipo.

A seguinte tempada, o equipo de Michel arrinca con bo pé a liga, gañando 1-4 contra o Racing de Santander con tres goles de Soldado. Nesta tempada o equipo navega tranquilo toda a tempada pola primeira metade da táboa grazas ao bo nivel de xogo do equipo e o gran rendemento de xogadores como Pedro León e Soldado. A Liga termina co Getafe 6º, meténdose na UEFA Europa League. Roberto, que termina a tempada anotando 16 goles en 26 partidos, non puido xogar máis partidos por unha lesión no xeonllo que o mantivo afastado dos terreos de xogo 6 semanas. Na Copa do Rei, o Getafe chegou a semifinais, onde foi eliminado polo Sevilla FC. Soldado fixo 4 goles en 4 partidos. Terminou a tempada como máximo goleador do seu equipo. En total, 30 partidos, 20 goles.

O 9 de xuño de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Valencia CF por dez millóns de euros.[1]

O 15 de xullo de 2019 fichou polo Granada CF, firmando por unha tempada con opción a outra.[2]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional con España nas categorías inferiores da selección.

Os seus bos números como dianteiro do Osasuna propiciaron que o 25 de maio de 2007, fose incluído por primeira vez nunha lista de convocados da Selección absoluta para disputar dous partidos de clasificación para a Eurocopa de 2008. Converteuse así no 23º xogador que debutaba baixo as ordes de Luis Aragonés.

O seu debut produciuse días despois, o 2 de xuño de 2007, nun partido en Riga contra a selección de Letonia. O resultado foi de 0-2 a favor de España, efectuando a asistencia para o segundo gol.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Real Madrid
Tottenham Hotspur

Internacional

[editar | editar a fonte]
España
España sub-19

Individual

[editar | editar a fonte]
  1. Las Provincias (9 de xuño de 2010). "Soldado xa é do Valencia". Consultado o 9 de xuño de 2010. 
  2. Granada CF (15 de xullo de 2019). "Soldado y el Granada CF alcanzan un principio de acuerdo para su incorporación". Consultado o 3 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]