Saltar ao contido

Campionato de Galicia de fútbol 1918/19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato de Galicia de fútbol 1918/19
TipoCampionato de Galicia de fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes5 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 1918-1919 Editar o valor en Wikidata
Número de edición5 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoReal Vigo Sporting Club Editar o valor en Wikidata

O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1] Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas.[3] O Pontevedra Athletic foi descualificado[4] por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña.[5][6][7] Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.[4]

Calendario

[editar | editar a fonte]

Primeira volta

[editar | editar a fonte]
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
126 de xaneiroMonelosR.C. CoruñaVigo Sporting4–4Informe
22 de febreiroBouzasFortuna de VigoDeportivo da Coruña6–1Informe
39 de febreiroRiazorDeportivo da CoruñaR.C. Coruña3–2Informe
39 de febreiroCoiaVigo SportingFortuna de Vigo1–1Informe
416 de febreiroRiazorDeportivo da CoruñaVigo Sporting0–2Informe
523 de febreiroMonelosR.C. CoruñaFortuna de Vigo4–2Informe

Segunda volta

[editar | editar a fonte]
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
62 de marzoCoiaVigo SportingR.C. Coruña3–0Informe
79 de marzoRiazorDeportivo da CoruñaFortuna de Vigo2–1Informe
816 de marzoMonelosR.C. CoruñaDeportivo da Coruña2–3Informe
816 de marzoBouzasFortuna de VigoVigo Sporting3–1Informe
919 de marzoCoiaVigo SportingDeportivo da Coruña3–0Informe
1023 de marzoBouzasFortuna de VigoR.C. Coruña4–0Informe

Partidos anulados

[editar | editar a fonte]
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
126 de xaneiroBouzasFortuna de VigoPontevedra Athletic5–0Informe
416 de febreiroPasarónPontevedra AthleticR.C. Coruña2–2Informe
523 de febreiroPasarónPontevedra AthleticDeportivo da Coruña1–1Informe
62 de marzoPasarónPontevedra AthleticFortuna de Vigo0–6Informe
79 de marzoCoiaVigo SportingPontevedra Athletic9–3Informe
919 de marzoMonelosR.C. CoruñaPontevedra Athletic   3–2(1)Informe
(1) O Pontevedra Athletic retirouse poucos minutos antes da fin do encontro.[5][6][7]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1.Vigo Sporting 8521148+612Clasificación para a Copa de España 1919
2.Fortuna de Vigo 8512179+811
3.Deportivo da Coruña 8503916−710
4.R.C. Coruña 83141219−77
5.Pontevedra Athletic 6024826−180Descualificado

Os puntos dos partidos do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.

Controversias

[editar | editar a fonte]

Descualificación do Pontevedra Athletic

[editar | editar a fonte]

Durante o encontro da segunda volta en Monelos entre o Pontevedra Athletic e o Real Club Coruña, os xogadores pontevedreses retiráronse do terreo de xogo cando faltaban poucos minutos para remata-lo partido en sinal de protesta pola arbitraxe de García Luna (secretario do Vigo Sporting), que consideraban parcial.[5][6][7] Por estes feitos, a Federación Galega de Fútbol descualificou o Athletic, inhabitouno por tres meses e impúxolle unha multa de 250 pesetas.[4] O Coruña, o Deportivo e o Fortuna pediron que o castigo fose levantado, pero a FGF non o fixo pola oposición de García Luna, levantando soamente a inhabilitación por tres meses.[4] A prensa pontevedresa acusou a García Luna de urdir un plan para beneficia-lo Vigo Sporting, evitando que o Coruña se retirase do torneo (circulaban rumores dunha posible retirada[8]) e aproveitando para consegui-la descualificación do Athletic, facendo deste xeito que o Vigo obtivese máis puntos có Fortuna e fose proclamado campión.[4][9][10][11]

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1919linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  2. "De Sport. El Campeonato gallego de fútbol". Diario de Pontevedra nº 10.432 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2.
  3. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.166 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2.
  4. 1 2 3 4 5 "De Sport. El Pontevedra A.C. excluido del Campeonato". Diario de Pontevedra nº 10.481 (en castelán). 24 de marzo de 1919. p. 2.
  5. 1 2 3 "Notas de Sport. El Campeonato de España". El Orzán nº 372 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 4.
  6. 1 2 3 "Notas deportivas". El Ideal Gallego nº 659 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2.
  7. 1 2 3 "De Sport. Campeonato regional. Real Coruña-Pontevedra A.C. en Monelos (Coruña)". Diario de Pontevedra nº 10.478 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2.
  8. "De Sport. Noticias sensacionales". Diario de Pontevedra nº 10.471 (en castelán). 11 de marzo de 1919. p. 2.
  9. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.219 (en castelán). 30 de marzo de 1919. p. 2.
  10. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 1.
  11. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 2.