Estadio de Chamartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°27′10″N 3°41′12″O / 40.4527, -3.6868

Campo do Real Madrid Fútbol Club
Estadio de Chamartín
Datos
LocalizaciónMadrid, España España
Construción
Inauguración17 de maio de 1924
Demolición1946
ArquitectoJosé María Castell
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade15 000
PropietarioReal Madrid Club de Fútbol
LocalíaReal Madrid Club de Fútbol

O Estadio de Chamartín (oficialmente Campo del Real Madrid Club de Fútbol)[1] foi un estadio de fútbol propiedade do Real Madrid, localizado en Madrid, España.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1923 o Real Madrid, que entón disputaba os seus encontros nun pequeno campo da rúa O'Donnell, adquiriu uns terreos en Chamartín de la Rosa —daquela municipio independente de Madrid— para construír un novo estadio. Os terreos, coñecidos co nome de Villa Rosa, tiñan 400 000 pés de extensión e ficaban delimitados polo camiño do Areal, o camiño de Maudes e a rúa Alfredo Calderón.[1]

Un ex xogador branco, José María Castell, que xa fora o arquitecto do Estadio Metropolitano de Madrid, foi o responsable do proxecto, que incluía un complexo deportivo formado por pistas de tenis, ximnasio e piscina, alén dun campo de herba —o primeiro en propiedade da historia do Real Madrid— con capacidade para 15 000 espectadores. Para facer fronte ás obras o club tivo que pedir un crédito de medio millón de pesetas.[1]

O Estadio de Chamartín inaugurouse coincidindo coas festas de San Isidro, o 17 de maio de 1924, nun partido entre o Real Madrid e o campión inglés, o Newcastle United FC. Os locais gañaron por 3–2, sendo Félix Pérez o autor do primeiro gol na historia do novo estadio.[2]

Aínda que inicialmente se pensou en denomina-lo novo estadio como Parque de Sports del Real Madrid FC, finalmente foi bautizado oficialmente como Campo del Real Madrid Football Club, chamado durante a II República Campo del Madrid Football Club e dende 1939 Campo del Real Madrid Club de Fútbol.[1] Porén, popularmente foi sempre coñecido como Chamartín por estar situado no municipio limítrofe de Chamartín de la Rosa, absorbido máis tarde polo de Madrid.

O Estadio de Chamartín foi a sede do Real Madrid ata que en 1947 se trasladou ó novo Campo do Real Madrid Club de Fútbol —cuxo nome logo foi trocado polo de Estadio Santiago Bernabéu—, proxectado polo enxeñeiro de camiños Carlos Fernández Casado e que se construíu nuns terreos adxacentes. Baixo estes avanza o túnel Atocha-Chamartín, construído baixo os xardíns desta vila na época da Segunda República sendo ministro de Obras Públicas Indalecio Prieto.

O 16 de maio de 1946 disputouse o derradeiro partido no Estadio de Chamartín, que enfrontou o Real Madrid co Real Oviedo na volta das semifinais da Copa do Xeneralísimo, finalizando cun resultado de 3–1 a favor do conxunto local.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Real Madrid C.F. — Web oficial • Official Web Site — La obra se tildó de faraónica" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 22 de maio de 2016.