Félix Gila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Félix Gila
Información persoal
Nome Félix Gila Esteban
Nacemento 20 de novembro de 1895
Lugar de nacemento Donostia
Adestrador
Anos Equipos
1926–1927 Deportivo da Coruña
1928 Deportivo da Coruña
1930–1933 Deportivo da Coruña
1934–1935 Deportivo da Coruña
1935–1936 Stadium Avilesino
editar datos en Wikidata ]

Félix Gila Esteban, nado en Donostia o 20 de novembro de 1895, foi un masaxista e adestrador de fútbol español. Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu en catro etapas, gañando tres Campionatos de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de traballar como masaxista no Betis trasladouse á Coruña en 1926, para ser o novo masaxista e adestrador do Deportivo da Coruña.[1] O club coruñés reforzouse para esa tempada 1926/27 do Campionato de Galicia con varios xogadores. Chegou Fernando Fariña do Eiriña, Ramón Rey e Redondela do Pontevedra Athletic, e Chaco da Cultural Leonesa.[2] Gañou 12 dos 16 partidos e proclamouse por primeira vez na súa historia campión de Galicia, logrando o título a falta de dúas xornadas, despois de vencer nun derbi contra o Celta de Vigo con dous goles de Ramón González e Joaquín Vázquez.[3]

Deixou o equipo ao remate da tempada, regresando brevemente en 1928. En 1930 comezou a súa terceira etapa no club, que durou tres anos e na que conquistou dous títulos máis do campionato galego (1930/31 e 1932/33). Continuou como masaxista no club ata xaneiro de 1934, cando presentou a súa dimisión.[4] Volveu en decembro do mesmo ano, adestrando o equipo durante uns meses.

En decembro de 1935 converteuse en adestrador do Stadium Avilesino, ao que dirixiu durante unha tempada.[5]

Traballou tamén como crítico deportivo para La Voz de Galicia.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas de fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1926. p. 2. 
  2. "El Dépor recuerda el primer título de la entidad" (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  3. "Ayer, en Riazor, se proclamó el Deportivo campeón gallego". El Balón (en castelán). 7 de febreiro de 1927. pp. 9–12. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  4. "Otra baja de un sueldo en el Deportivo". La Zarpa (en castelán). 19 de xaneiro de 1934. p. 6. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  5. "Gila entrenador del Avilés". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 1935. p. 9. 
  6. "España bate por segunda vez a Hungría". El Noroeste (en castelán). 21 de decembro de 1926. Consultado o 4 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]