Club de Futbol Badalona
CF Badalona | |||
---|---|---|---|
Nome | Club de Futbol Badalona | ||
Alcume(s) | Azulones | ||
Fundación | 1903 | ||
Estadio | Camp del Centenari, Badalona, Barcelona | ||
Inauguración | 1936 | ||
Capacidade | 10.000 | ||
Presidente | Fermín Casquete Álvarez | ||
Adestrador | Bernardo Fuentes | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2011-12 | 4º | ||
Na rede | |||
http://www.cfbadalona.net/ | |||
| |||
O Club de Futbol Badalona é o club de fútbol máis importante da cidade de Badalona na provincia de Barcelona, Cataluña. Foi fundado en 1903 e xoga no grupo III da Segunda División B Española.
Historia
[editar | editar a fonte]O actual Club de Futbol Badalona fundouse o 15 de maio de 1903, co nome de Football Bétulo Club polo atleta e músico Francesc Viñas Bosch, como unha escisión do Bétulo Sport (dedicado ao ciclismo, que creara a súa sección o ano 1900). En 1908, o club inscríbese nos rexistros federativos co nome de FC Badalona. Primeiro vestiu un uniforme azul e vermello a rallas con pantalón azul e non foi ata 1913 que adoptou o azul escapulado.
O primeiro terreo de xogo foi a praza do Sol, no barrio de Casagemes. No ano 1906 trasladouse ao campo do barrio de Manresà, preto de Montgat. En 1933 produciuse a fusión co Artiguense que fai que o club opte por cambiar de nome, pasa a denominarse Sport Club e trasládase ao outro extremo da cidade ao barrio de Artigues. O 11 de outubro de 1936, pouco despois do inicio da Guerra Civil, inaugurouse o campo da avenida de Navarra cun partido entre o Sport Club e o FC Barcelona.
Nos primeiros anos da posguerra o club atravesou moitas dificultades económicas. No entanto, consegue manterse desde 1947 a 1952 en Segunda División.
En 1953 o club perdeu a categoría e permaneceu en Terceira ata o 1963, chegando á militar durante cinco tempadas consecutivas en Segunda División. A forte crise industrial de principios dos anos setenta afectou ao futbol badalonés que entrou nunha longa etapa de crise. As achegas externas ao club foron practicamente nulas e o club por relevancia co tecido socioeconómico da cidade, era o do baloncesto.
Este proceso de decadencia do club parecía condenalo á desaparición nas vésperas de celebrar o seu centenario, pero a fusión coa Unió de l'Esport Badaloní, un club novo e en auxe, propiciada por Fermín Casquete deu novamente ás á entidade escapulada que ao final da tempada 2003-2004 conseguía o ansiado ascenso á Segunda División B.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul cunha barra escapulada branca, pantalón azul e medias azuis. Pequenos detalles amarelos en toda a indumentaria, en recordo ao CF Badaloní.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul claro cunha barra escapulada branca, pantalón azul claro e medias azul claro.
- Terceiro uniforme: Camiseta marrón cunha barra escapulada laranxa, pantalón marrón e medias marróns.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Camp del Centenari.
Camp del Centenari, fundado en 1936, con capacidade para 10.000 persoas. Dimensións 105x65 metros. Situado na Avenida de Navarra rexistrou ultimamente cheos históricos, chegando a facerse a onda por primeira vez na historia no partido que lle proclamou campión de 2ºB contra o L'Hospitalet.
Está prevista a construción dun novo estadio municipal proxectado polo arquitecto francés Dominique Perrault para ser construído no Torrent de la Batllòria, que estaba proxectado para a década de 1990, pero que se demorou por desacordos entre a entidade deportiva e o Concello de Badalona.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 14
- Tempadas en 2ªB: 8 (Incluída a 2011/12)
- Tempadas en 3ª: 40
- Tempadas en Rexional: 18
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro 2010/11
[editar | editar a fonte]- Actualizado o 21 de setembro de 2010.
|
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]Cronoloxía de adestradores
[editar | editar a fonte]- Calderé (2002/05)
- Julià García (2005/06)
- Francisco López (2006/08)
- Miguel Álvarez (2008/09)
- "Manolo" González (2009)
- Bernardo Fuentes (2009)
- Toni Llebaría (2010)
- Manuel Márquez Roca (2010/)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Torneig d´Històrics (4): 1987, 2003, 2004, 2008.
- Campionato de Cataluña de Segunda Categoría (2): 1917-18, 1925-26.
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División B de España (1): 2005-06
- Terceira División de España (6): 1932-33, 1945-46, 1956-47, 1960-61, 2002-03, 2003-04
- Copa Real Federación Española de Fútbol (1): 2003-04