Thierry Henry
Thierry Henry | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Thierry Daniel Henry | ||
Nacemento | 17 de agosto de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Les Ulis | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | New York Red Bulls | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
1983–1989 | CO Les Ulis | ||
1989–1990 | US Palaiseau | ||
1990–1992 | Viry-Châtillon | ||
1992 | Clairefontaine | ||
1992–1994 | Monaco | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1999 | Monaco | 105 | (20) |
1999 | Juventus | 16 | (3) |
1999–2007 | Arsenal | 254 | (174) |
2007–2010 | Barcelona | 80 | (35) |
2010–2014 | New York Red Bulls | 122 | (51) |
2012 | → Arsenal (cedido) | 4 | (1) |
Total | 581 | (284) | |
Selección nacional | |||
1997 | Francia sub-20 | 5 | (3) |
1997–2010 | Francia | 123 | (51) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Thierry Daniel Henry, nado o 7 de agosto de 1977 en Les Ulis, é un exfutbolista francés. Xogou de dianteiro para o AS Monaco, Juventus, Arsenal, Barcelona e New York Red Bulls. Ademais, foi internacional coa selección francesa, coa que disputou 123 partidos.
Henry é o máximo goleador histórico da selección de Francia (51 goles), máximo goleador histórico do Arsenal FC (228 goles) e 3º máximo goleador da historia da Liga de Campións (51 goles).
Carreira profesional[editar | editar a fonte]
AS Monaco[editar | editar a fonte]
A carreira profesional de Thierry Henry comezou con 17 anos no AS Monaco que adestraba Arsène Wenger. Durante 2 anos xogou poucos encontros, e na posición de extremo, xa que a posición de dianteiro era para o brasileiro Sonny Anderson. En 1995 chegou ó club o adestrador Jean Tigana, quen fixo de Henry un xogador titular, que daquela salientaba mais polas asistencias que polos goles. Na tempada 1996-97 o AS Monaco gañou a Ligue 1. Ó ano seguinte o equipo caeu nas semifinais da Liga de Campións diante do Juventus FC de Zidane e Del Piero, eliminando antes ó Manchester United en cuartos de final. Henry foi o segundo máximo goleador da competición con 7 goles, saltando á fama do fútbol europeo.
- Campión do Mundo
Nese verán de 1998, Henry foi chamado para xogar o Mundial coa selección francesa, que se proclamou campioa. Henry foi o máximo goleador do equipo francés con 3 goles.
Juventus FC[editar | editar a fonte]
A mediados da tempada 1998-99 Henry foi contratado pola Juventus FC a cambio de 17 millóns de euros, pero o seu estilo de xogo non funcionou no equipo turinés, de xeito que no verán de 1999 o Arsenal FC adestrado por Arsène Wenger pagou 15 millóns de euros polo xogador francés.
Arsenal FC[editar | editar a fonte]
No Arsenal FC compartiu o ataque gunner co holandés Dennis Bergkamp. Nos 2 primeiros anos o Arsenal acadou o subcampionato da Premier League, marcando 17 goles por tempada. No verán do ano 2000 Henry foi de novo campión con Francia, esta vez na Eurocopa, sendo el de novo o máximo goleador do equipo con 3 goles. Na tempada 2001-02 o Arsenal gañou a Premier League, a FA Cup e Henry foi o máximo goleador da liga con 24 goles.
Nas dúas seguintes tempadas Henry quedou 2º no FIFA World Player detrás de Zidane e Ronaldinho. En 2003 recibiu o Balón de Prata, mentres que en 2004 e 2005 foi Bota de Ouro. Gañador da Premier de novo en 2004, e da FA Cup en 2003 e 2005; en 2003, 2004 e 2005 repetiu como máximo goleador da Premier League, e en 2006 recibiu o Balón de Bronce, despois de caer na final da Liga de Campións da UEFA 2005-06 fronte ó FC Barcelona, e na final do Mundial de Alemaña 2006 fronte a Italia. Nesta ocasión de novo Henry foi o máximo goleador francés no torneo.
FC Barcelona[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2007 foi fichado polo FC Barcelona que adestraba Frank Rijkaard a cambio de 24 millóns de euros. O obxectivo de Henry no Barcelona era acadar o único gran título que non tiña no seu palmarés, a Liga de Campións da UEFA. No Barça tivo que adaptarse a xogar na posición de extremo pola esquerda, xa que os outros dous postos ofensivos pertencíanlles a Samuel Eto'o e Lionel Messi. No seu primeiro ano mostrou un xogo inferior ó que demostrara durante anos no Arsenal, e marcou só 19 goles en tódalas competicións. Porén, o éxito no club culé chegoulle na súa segunda tempada. Ese ano o equipo estreou adestrador, Pep Guardiola, que confiou en Thierry Henry dende o principio. O Barça fíxose con tódolos títulos en xogo, incluídas a Liga de Campións e a Liga española. Ese mesmo ano Henry marcou 2 goles no encontro de liga fronte ó Real Madrid xogado no Estadio Santiago Bernabéu que remataría co resultado de 2 a 6 a prol do conxunto catalán.
Na seguinte tempada gañaría 4 títulos, a Liga, a Supercopa de España, a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubs.
NY Red Bulls[editar | editar a fonte]
O 14 de xullo de 2010 foi contratado polo New York Red Bulls da MLS estadounidense por 4 anos. Co seu contrato de 5'6 millóns de dólares por tempada converteuse no xogador mellor pagado da liga, xunto a David Beckham.
Estatísticas[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Reportaxe. O xardín de Thierry (en castelán)
- Ficha de Henry na páxina oficial do FC Barcelona (en castelán)
- Estatísticas na páxina da FIFA Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas en Soccerbase (en inglés)
- Futbolistas de Francia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do AS Monaco FC
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de Francia
- Nados en 1977
- Cabaleiros da Lexión de Honra
- Nados no departamento de Essonne
- Xogadores do New York Red Bulls
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2000
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2006
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2010