Héctor Scarone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Héctor Scarone
HectorScarone1926.JPG
Información persoal
Nome completo Héctor Pedro Scarone
Nacemento 26 de novembro de 1898
Lugar Montevideo, Uruguai
Falecemento 4 de abril de 1967 (68 anos)
Lugar Montevideo, Uruguai
Altura 1,69 m.
Posición Extremo dereito
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1917–1926 Nacional 115 (108)
1926–1927 Barcelona 18 (9)
1927–1931 Nacional 45 (39)
1931–1932 Internazionale 14 (7)
1932–1934 Palermo 54 (13)
1934–1939 Nacional 31 (16)
Total 277 (192)
Selección nacional
1917–1932 Uruguai 52 (31)
Adestrador
1951–1952 Real Madrid
Nacional
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Héctor Pedro Scarone, coñecido como El mago, nado o 26 de novembro de 1898 en Montevideo e finado o 4 de abril de 1967 na mesma cidade, coñecido com, foi un futbolista uruguaio. Xogaba na posición de extremo (dianteiro) e foi internacional coa selección uruguaia. Héctor era o irmán menor de Carlos Scarone, outro histórico futbolista de Nacional e do fútbol uruguaio.

Foi considerado o "mellor xogador do mundo" nos anos 20 e é unha das grandes figuras da historia do fútbol suramericano. Gañou coa selección Uruguaia en catro ocasións a Copa América, dúas Olimpíadas e a Copa Mundial de Fútbol de 1930. Aínda posúe a marca de ser o máximo goleador na historia da Selección de fútbol de Uruguai. Futbolista de gran habilidade, a súa seguridade en converter penaltis fíxose lenda (nunca fallou un).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Futbolista[editar | editar a fonte]

A nivel de clubs, Scarone xogou a maior parte da súa carreira en Nacional. Debutou no equipo do Parque Central en 1917 e alí xogou até o seu retiro en 1939, salvo tres anos nos que se desempeñou no fútbol europeo: 1926, cando defendeu as cores do FC Barcelona, 1932, cando xogou para o Società Sportiva Ambrosiana (hoxe Inter de Milán) e 1934, cando actuou no Palermo.

En Nacional, Scarone posúe a marca de maior cantidade de anos xogando para a institución (20 anos), e é o terceiro máximo goleador na historia da liga de Uruguai con 163 goles. Obtivo a Primera División de Uruguai en oito ocasións: 1916, 1917, 1919, 1920, 1922, 1923, 1924 e 1934, a Copa de Honra (Cousenier) en 1917 e a Copa Río da Prata (Dr. Ricardo Aldao) en 1919 e 1920. Xogou en total (incluíndo amigables) 369 partidos con Nacional, marcou 301 goles e na súa dilatada traxectoria de 24 anos como futbolista, en Uruguai só xogou por Nacional.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Como adestrador, Scarone dirixiu, entre outros, a Nacional, ao Millonarios de Colombia e ao Real Madrid de España, sen maior transcendencia.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Con Uruguai, gañou a Copa América en 1917, 1923, 1924 e 1926; a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928; a Copa Mundial de Fútbol de 1930. Coa Selección uruguaia disputou 51 partidos oficiais e anotou 31 goles. Incluíndo os encontros non oficiais, o Mago Scarone anotou 52 goles en 70 partidos coa camiseta celeste, marca vixente até o día de hoxe.

Participaciones en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado PX (G)
Copa Mundial de 1930 Uruguai Campión 3 (1)

Participacións en Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Xogos Sede Resultado PJ (G)
Xogos Olímpicos 1924 París Campión 5 (4)
Xogos Olímpicos 1928 Ámsterdan Campión 3 (3)
Total 2/2 8 (7)

Participacións en Copa América[editar | editar a fonte]

Copa Sede Resultado PJ (G)
Copa América 1917 Uruguai Campión 3 (2)
Copa América 1919 Brasil Subampión 4 (1)
Copa América 1923 Uruguay Campión 3 (1)
Copa América 1924 Uruguay Campión 2 (0)
Copa América 1926 Chile Campión 4 (6)
Copa América 1927 Perú Subcampión 2 (3)
Copa América 1929 Arxentina 3° posto 0
Total 4/7 18 (13)

Clubs e estatísticas[editar | editar a fonte]

Equipo País Período Partidos Goles Media
Nacional Uruguai 1916—1926 115 108 0,94
Barcelona España 1926 18 9 0,50
Nacional Uruguai 1927—1931 45 39 0,87
Inter Milán Italia 1931—1932 14 7 0,50
Palermo Italia 1932—1934 54 13 0,24
Nacional Uruguai 1934—1938 31 16 0,52
Selección uruguaia 1917—1930 51 31 0,61
TOTAL 1916—1938 328 223 0,68

Palmarés como futbolista[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1916
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1917
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1919
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1920
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1922
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1923
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1924
Primera División de Uruguai Nacional Uruguai 1934

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Equipo Ano
Copa América Selección uruguaia 1917
Copa América Selección uruguaia 1923
Copa América Selección uruguaia 1924
Ouro nos Xogos Olímpicos Selección uruguaia 1924
Copa América Selección uruguaia 1926
Ouro nos Xogos Olímpicos Selección uruguaia 1928
Copa Mundial de Fútbol Selección uruguaia 1930

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Mellor xogador da Copa América 1917
Máximo goleador da Copa América 1926
Máximo goleador da Copa América 1927
Goleador histórico da selección uruguaia
21º posto na clasificación do mellor xogador suramericano do século XX 2006
40º posto na clasificación do mellor xogador do mundo do século XX 2006

Marcas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]