Ole Gunnar Solskjær

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ole Gunnar Solskjær
Ole Gunnar Solskjaer Trondheim2011-1.jpg
Solskjær como adestrador do Molde en 2011
Información persoal
Nacemento26 de febreiro de 1973
LugarKristiansund,
Altura1.78
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualMolde (adestrador)
Carreira xuvenil
1989–1990Clausenengen
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1990–1995Clausenengen109(115)
1995–1996Molde38(31)
1996–2007Manchester United235(91)
Total381(237)
Selección nacional
1995–2007Noruega67(23)
Adestrador
2008–2011Manchester United Reserves
2011–2014Molde
2014Cardiff City
2014–Clausenengen (xuvenil)
2015–Molde
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Ole Gunnar Solskjær, nado o 26 de febreiro de 1973 en Kristiansund, é un ex-futbolista e adestrador noruegués, que xogou como dianteiro no Manchester United e na selección de Noruega, coa que marcou vinte e tres goles nas súas sesenta e sete participacións entre 1995 e 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en xogador profesional no seu país, no Clausenengen FK, primeiro como centrocampista e logo xa como dianteiro. En 1994 fichou polo Molde FK no que xogou dúas tempadas, marcando 31 goles en 42 partidos. E logo pasou ao Manchester United, onde foi o protagonista da vitoria do Manchester contra o FC Bayern München na final da Liga de Campións da UEFA de 1999. Outro dos seus encontros máis salientables foi contra o Nottingham Forest na tempada 1998-1999 ao marcar catro goles en doce minutos.

O 28 de agosto de 2007 anunciou a súa retirada da competición pero permaneceu no club como preparador de ataque. Posteriormente Ole Gunnar Solkjær foi adestrador do Molde FK, entre 2010 e 2014, logo de adestrar aos reservas do Manchester United de 2008 a 2010. O 31 de outubro de 2011 o Molde FK converteuse en campión de Noruega por primeira vez na súa historia, despois de acadar sete veces o segundo lugar. Repetiu o ano seguinte ao lograr un novo campionato para o Molde malia a forte oposición do Rosenborg BK.

En xaneiro de 2014, converteuse en adestrador do equipo galés do Cardiff City F.C. da Premier League, substituíndo a Malky Mackay[1]. No mercado de inverno fíxose con varios xogadores noruegueses que estiveran baixo as súas ordes no Molde FK: Magnus Eikrem[2], Mats Møller Dæhli[3] e Jo Inge Berget[4]. Despois de nove meses renunciou o 18 de setembro de 2014, sinalando unha "diferenza de filosofía sobre o xeito de dirixir o club" co presidente do equipo[5].

O 21 de outubro de 2015 converteuse outra volta no adestrador do Molde FK, firmando por tres anos e medio[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en) « City Announce Solskjær as manager », Cardiffcityfc.co.uk,‎ 2 de xaneiro de 2014.
  2. (en) « CITY SIGN MAGNUS WOLFF EIKREM », Cardiffcityfc.co.uk,‎ 8 de xaneiro de 2014.
  3. (en) « Solskjaer swoops for second Norwegian Daehli », Premierleague.com,‎ 11 de xaneiro de 2014.
  4. (en) « Berget completes Cardiff City move », Premierleague.com,‎ 24 de xaneiro de 2014.
  5. « Solskjær démissionne de Cardiff City », sur SoFoot.com
  6. « Ole-Gunnar Solskjaer fait son retour sur le banc de Molde », sur lequipe.fr,‎ 21 de outubro de 2015.