David Rochela
David Rochela | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | David Rochela Calvo | ||
Nacemento | 19 de febreiro de 1990 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | As Pontes de García Rodríguez | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Port | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–2003 | As Pontes | ||
2003–2007 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2011 | Deportivo B | 57 | (0) |
2010–2013 | Deportivo da Coruña | 9 | (0) |
2012 | → R. de Santander (cedido) | 12 | (0) |
2013 | → Hapoel Tel Aviv (cedido) | 13 | (0) |
2014–2015 | Buriram United | 37 | (5) |
2015 | → Port (cedido) | 15 | (3) |
2016– | Port | 25 | (1) |
Selección nacional | |||
2005 | España sub-16 | 1 | (0) |
2007 | España sub-17 | 15 | (0) |
2008–2009 | España sub-19 | 13 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de decembro de 2015. [ editar datos en Wikidata ] | |||
David Rochela Calvo, nado nas Pontes o 19 de febreiro de 1990, é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Port FC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rochela xoga nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña desde infantil de primeiro ano, cando con 13 anos deixou o equipo de As Pontes. No ano 2007 debutou no Fabril, no que xogou durante 3 tempadas.
Desde finais de 2009 comezou a contar nas convocatorias do primeiro equipo do Deportivo de La Coruña para o adestrador Miguel Ángel Lotina.[1], facendo o seu debut co primeiro equipo contra o Valencia o 25 de abril de 2010, e sendo posteriormente titular en Riazor contra o Real Zaragoza o 2 de maio de 2010.[2]
Na tempada 2010–11 alternou convocatorias do primeiro equipo e do filial do Deportivo.
Na tempada 2012–13 marchou cedido ao Racing de Santander, de Segunda División.[3] O 30 de xaneiro de 2013 anunciouse que iría cedido ao Hapoel Tel Aviv FC até o final da tempada 2012–13.[4]
En setembro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo para fichar polo Buriram United, de Tailandia.[5]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rochela: "Non esperaba subir ao primeiro equipo; é o mellor agasallo de Reis" en www.as.com
- ↑ www.lavozlibre.com. "El Deportivo retoca el once para cambiar la racha ante el Zaragoza".
- ↑ "Rochela se marcha cedido al Racing"
- ↑ "El Racing cede a David Rochela al Hapoel Tel Aviv". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Rochela cambia el Deportivo por Tailandia"