Stadium Metropolitano de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 40°26′51″N 3°42′58″O / 40.44750, -3.71611

Stadium Metropolitano de Madrid
Datos
Localización Madrid, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 13 de maio de 1923
Demolición 1966
Arquitecto José María Castell
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 70 m
Capacidade 25.000
Propietario Sociedad Stadium (1923−1950)
Atlético de Madrid (1950-1966)
Localía Atlético de Madrid
Real Sociedad Gimnástica
Racing Club de Madrid
Eventos

O Stadium Metropolitano de Madrid foi un estadio da cidade de Madrid, España, que albergou os partidos do Club Atlético de Madrid ata 1966, cando se inaugurou o Estadio Vicente Calderón.

Historia[editar | editar a fonte]

O Stadium Metropolitano foi un estadio de fútbol, construído a inicios da década de 1920 e inaugurado o 13 de maio de 1923, durante o mandato de Julián Ruete como presidente do Atlético de Madrid, sendo inicialmente o club colchonero arrendatario e compartíndoo con outros equipos da capital, como a Gimnástica ou o Racing Club de Madrid.

Foi construído como parte da urbanización Colonia del Metropolitano, que fora promovida pola división inmobiliaria do que hoxe en día é Metro de Madrid, de aí o seu nome. Situábase preto da actual rúa Reina Victoria, no que hoxe é a Plaza de la Ciudad de Viena, entre as rúas Beatriz de Bobadilla, Santiago Rusiñol e o Paseo de Juan XXIII.[1]

Durante a Guerra Civil Española o estadio quedou prácticamente esnaquizado, do mesmo xeito que todo o barrio onde se atopaba, polos efectos dos combates realizados na fronte de batalla situado na próxima Cidade Universitaria. Trala contenda, o Metropolitano foi reconstruído, nunha actuación dirixida polo arquitecto Javier Barroso (dianteiro, medio e porteiro do primeiro equipo do Atlético de Madrid na década de 1920 e posteriormente presidente do club entre 1955 e 1964).

O 21 de febreiro de 1943 o Atlético, baixo a presidencia de Juan Touzón retorna ao seu antigo estadio, que é reinaugurado cun encontro fronte á Real Sociedad. O equipo local venceu por 2 a 1. O primeiro gol foi marcado polo atlético Monchín Triana.

Ese mesmo ano, o Metropolitano acolleu a final da Copa de España (entón Copa do Xeneralísimo). Disputouse o 20 de xuño e nela venceu o Athletic de Bilbao ao Real Madrid por un gol a cero.

O 15 de abril de 1950, o Atlético asinou a acta de compra do estadio, que pertenceu ata devandita data á Sociedade Stadium, de irmáns Otamendi.

Unha vez que en 1966 o Atlético de Madrid consumou o traslado ao seu novo estadio xunto ao río Manzanares (posteriormente chamado Vicente Calderón), o Metropolitano foi demolido e substituído por edificios de vivendas e oficinas.

Partidos internacionais[editar | editar a fonte]

A Selección española disputou un total de tres partidos como local no Metropolitano, todos eles amistosos:

Data Equipo Resultado Equipo
10/05/1929 España España 4-3 Inglaterra Inglaterra
19/01/1936 España España 4-5 Austria Austria
23/06/1946 España España 0-1 Flag of Ireland.svg Irlanda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]