Saltar ao contido

Jesús Aranguren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Aranguren
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Portugalete, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 2011 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Barakaldo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1962-1975 Athletic Club 247(4) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1962-1963   España sub-18 3(2)
1963-1963   España 3(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Bilbao Athletic Editar o valor em Wikidata

Jesús Aranguren Merino, coñecido como Txutxi Aranguren, nado en Portugalete o 26 de decembro de 1944 e finado en Barakaldo o 21 de marzo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Athletic Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Aranguren formou parte do Sestao Sport e Athletic Club de Bilbao, onde debutou con 17 anos en Primeira División. Foi internacional xuvenil, Sub-21 e militar, proclamouse dúas veces campión de Copa.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Adestrou ao Athletic Club en categorías infantil e xuvenil, dirixindo uns partidos ao primeiro equipo en 1992 tras a saída de Iñaki Sáez, á Selección Biscaíña, Bilbao Athletic, Deportivo Alavés, Recreativo de Huelva, Cartagena FC en Segunda División, Levante Unión Deportiva, Deportivo da Coruña, CD Logroñés, Sporting de Xixón e, de novo, ao Deportivo Alavés, desde o inicio da tempada 1994-95, co que logrou o ascenso. Á beira do cesamento en dúas ocasións durante a campaña 1995-96, renovou como adestrador do primeiro equipo e como director xeral, en lugar de Javier Zubillaga, a finais de campaña. Ocupou diversos postos na estrutura técnica do Athletic Club.

Foi cesado, tras unha campaña moi pobre, o domingo 16 de febreiro de 1997, tras a derrota por 2-3 ante o Real Mallorca. Tras varios anos adestrando ao FC Cartagena, onde deixou un gran recordo, Aranguren regresou ao Deportivo Alavés para facerse cargo do equipo filial.

O 29 de abril de 2003 substituíu a José Manuel Esnal "Mané" á fronte do primeiro equipo até o final da tempada. Tras non conseguir enderezar o rumbo do equipo, que rematou por descender de categoría, Aranguren regresou a adestrar ao Deportivo Alavés B, até xuño de 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]