Antonio Couceiro Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Couceiro Méndez
Nacemento18 de decembro de 1955
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego.

Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas

Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos (1955-1981)[editar | editar a fonte]

Estudou Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e diplomouse en Dirección Xeral de Empresas e en Planificación e Administración de Empresas pola Universidade Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez 1979 e 1981 e unha década máis tarde deu o salto á política.[1]

Etapa na política (1981-2002)[editar | editar a fonte]

Foi director xerente de Xestur entre 1981 e 1990, a continuación director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (1990-1993) e logo director xeral de Formación e Emprego (1993-1994).

En 1994 entrou no goberno da Xunta de Galicia presidido por Manuel Fraga como conselleiro de Industria e Comercio. Ademais presentouse nas listas do Partido Popular ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 sendo elixido deputado. En setembro de 2009 deixou o cargo de conselleiro ao ser elixido por Fraga para suceder a José Manuel Romay Beccaría na presidencia do PP na provincia da Coruña, tras a dimisión deste,[2] e en novembro abandonou o Parlamento de Galicia despois de ser nomeado presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, cargo que ocuparía ata 2002. En maio de 2000 foi ratificado como presidente provincial do PP nun congreso do partido.[3] Ocupou dito cargo no partido ata 2002, cando retirou a candidatura que presentara inicialmente para ser reelixido, ao non contar con apoios suficientes fronte á candidatura de Jesús Almuíña e Carlos López Crespo.[4]

Volta ao mundo empresarial (2003-presente)[editar | editar a fonte]

Entre 2003 e 2013 foi director xeral de Begano, embotelladora de Coca-Cola,[5] e estivo como conselleiro en Emalcsa, a empresa municipal de augas.[6] En 2014 entrou nos consellos de Inveravante, a corporación empresarial de Manuel Jove,[7] e Arteixo Telecom.[8] En xaneiro de 2015 foi nomeado presidente da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia.[1][9]

En 2016 pasou a presidir dúas institucións máis: AFIGAL (Afianzamentos de Galicia) e a Cámara de Comercio da Coruña, tras a dimisión de Marcelo Castro-Rial. Ademais ese mesmo ano entrou nos consellos de administración de Nueva Pescanova e Firm Baltar&Associates, consultora de Raúl Baltar.[9] En 2018 foi designado presidente da empresa láctea Dairylac e presidente de CESGAR (Confederación Española de Sociedades de Garantía Recíproca), e foi reelixido na presidencia da Cámara de Comercio.[10][11][12]

O 8 de febreiro de 2021 converteuse en presidente do Deportivo da Coruña, despois de que Abanca obrigase a Fernando Vidal a renunciar.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Antonio Couceiro, nuevo presidente de la Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)" (en castelán). 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  2. "Antonio Couceiro agradeció ayer a Fraga y a Romay que depositaran en él su confianza". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 1999. p. 4. 
  3. "Un congreso entre bodas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de maio de 2000. p. 49. 
  4. "El presidente provincial del PP en A Coruña, Antonio Couceiro, quedará al margen de la lista de consenso que liderará Jesús Almuíña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 2002. p. 8. 
  5. "Antonio Couceiro, elegido para relevar a Fontenla en la presidencia de Afigal". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de xuño de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  6. "Jaime Castiñeira sustituye a Javier Nuevo al frente de Emalcsa". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  7. "Manuel Jove ficha al ex director de relaciones con inversores del BBVA para su holding Inveravante" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  8. "Arteixo Telecom ficha a Antonio Couceiro y planea entrar en nuevos mercados". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 "El pluriempleo silencioso de Antonio Couceiro" (en castelán). 22 de novembro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  10. "Antonio Couceiro, ex director general de Begano, nuevo presidente de Dairylac" (en castelán). 23 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  11. "Antonio Couceiro, presidente de Afigal elegido por unanimidad presidente de Cesgar" (en castelán). 9 de xullo de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  12. "Antonio Couceiro, reelegido presidente de la Cámara de Comercio de A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). 24 de maio de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  13. "Antonio Couceiro, novo presidente do Real Club Deportivo após dimitir o anterior Consello de Administración". 8 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  14. "O Consello do Dépor abandona o barco por orde de Abanca e Antonio Couceiro xa é o novo presidente". Nós Diario. 8 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Fernández García
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Industria e Comercio
 
1994 - 1999
Sucesor:
Juan Rodríguez Yuste
Predecesor:
Juan Manuel Páramo Neyra
 Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña 
19992002
Sucesor:
Guillermo Grandío
Predecesor:
Fernando Vidal
 Presidente do Deportivo da Coruña 
2021 – presente
Sucesor:
'