Luis Martínez Montero
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 6 de xuño de 1934 (92 anos) A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Luis Martínez Montero, coñecido como "Manín", nado na Coruña o 6 de xuño de 1934, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e centrocampista, e militou case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, co que logrou dous ascensos á Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras iniciarse no Victoria, fichou en 1953 polo Deportivo da Coruña. Nas súas dúas primeiras tempadas no club, foi cedido ao Xuvenil, logrando na primeira delas o ascenso á Segunda División,[1] e debutando na categoría de prata na seguinte (1954/55). Esa mesma tempada disputou o seu primeiro partido oficial co Deportivo, nun enfrontamento de Copa contra o FC Barcelona de Luis Suárez.
Na tempada 1955–56 debutou co Deportivo en Primeira División. Nesta campaña participou en 6 partidos, nun ano no que o equipo coruñés tivo 3 adestradores: Rodrigo García Vizoso, Pahiño e Ángel Zubieta. En 1956 fichou polo Burgos xunto a outros tres coruñeses: Losada, Regueira e Lexo.[2] Despois dunha tempada no club burgalés, regresou ao Deportivo, onde acabou por facerse coa titularidade, principalmente a partir da tempada 1958/59. Formou parte do equipo branquiazul até a campaña 1963–64, logrando novamente o ascenso a Primeira División. Aínda que xogaba como defensa ou centrocampista conseguiu boas cifras anotadoras, con 30 goles oficiais no seu paso polo Deportivo.
Antes de retirarse xogou a tempada 1964/65 no Compostela.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Segunda división (2): 1961/62, 1963/64.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021.
- ↑ "El coruñés Losada firmó por el Burgos". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1956. p. 5.