Antonio Belló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Belló García»)
Belló
Información persoal
Nome Antonio Benlloch García
Nacemento 1946
Lugar de nacemento Orihuela
Altura 1,68 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Orihuela
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1965 Orihuela
1965–1968 Hércules 47 (0)
1968–1977 Deportivo da Coruña 226 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Benlloch García, coñecido como Belló ou Bellod, nado en Orihuela o 1 de decembro de 1945, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol no equipo xuvenil do Orihuela, na súa vila natal, e formou parte da selección murciana xuvenil.[1] Aínda que o seu apelido era Benlloch, utliizaba Belló por ser máis sinxelo de pronunciar.[2]

Xogou co primeiro equipo do Orihuela na Terceira División, pasando na tempada 1965/66 ao Hércules, da Segunda División. Debutou na categoría de prata na derradeira xornada desa tempada, contra o Levante, co equipo xa matematicamente ascendido a Primeira. Estreouse na máxima categoría nun encontro fronte ao FC Barcelona no Nou Camp,[3] e disputou un total de 16 encontros en Primeira. Tivo ata cinco adestradores esa tempada e a seguinte, entre eles Toba e Ramallets, descendendo o equipo dúas veces seguidas, ata a Terceira División.

En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña, que xogaba en Primeira. Afianzouse rapidamente na defensa, xunto con Luis, Domínguez e máis tarde Cholo, militando ata nove tempadas no club, e foi nomeado capitán trala marcha de Manolete ao Valencia.[4] Viviu dous ascensos e tres descensos, un deles á Terceira División, disputando 243 partidos oficiais. Na súa última tempada no Deportivo, a 1976/77, sufriu unha lesión no xeonllo, sendo operado do menisco, e xa non volveu xogar ao fútbol.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bellod quiere jugar contra el Barcelona". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1968. p. 30. 
  2. "El Deportivo, entre los mejores". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1975. p. 32. 
  3. "El Barcelona solo fue superior en el marcador (4-1)". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de novembro de 1966. p. 14. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  4. "Maestro Arsenio" (en castelán). 4 de marzo de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  5. "Ayer fue operado Belló". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 1977. p. 35. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]