Xosé Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Boiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | El País (1989–) Radio Galega El Correo Gallego |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Viqueira |
Premios | |
Xosé Andrés Vázquez Hermida, nado en Boiro en 1963, é un xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou traballando na súa cidade natal para El Correo Gallego e máis tarde nos informativos da Radio Galega. Chegou ao diario El País en Galicia en 1989, e permaneceu como correspondente en terras galegas para este xornal durante 26 anos, ata 2006. Logo foi subdelegado da edición galega do diario (2006-2009) e delegado (2009-2015), até o peche da edición en Galicia.
A continuación foi trasladado á redacción central en Madrid, para seguidamente ser delegado no Brasil da corresponsalía con sede en São Paulo.[2] En xullo de 2018, a nova directora do País, Soledad Gallego-Díaz, nomeou a Xosé Hermida e Claudi Pérez xefes para noticias de nacional.[3]
En 2017 o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol concedéronlle o XIII Premio José Couso á Liberdade de Expresión.[4] No manifesto lido durante a entrega do premio sinalouse o recoñecemento a Xosé Hermida como «xornalista que prestixia a profesión e do que os que o coñecen só saben falar ben, como profesional e como xefe». Hermida dedicou o premio á súa esposa falecida o ano anterior, a xornalista da Axencia EFE, Ana Viqueira.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vizoso, Sonia (8 de abril de 2017). "Xosé Hermida, periodista de El PAÍS, Premio José Couso a la Libertad de Prensa". El País (en castelán). Consultado o 5 de abril de 2021.
- ↑ couso.xornalistas.gal (ed.). "Xosé Hermida". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2018.
- ↑ "Rubalcaba se queda fuera del Consejo Editorial de ‘El País’" (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 5 de abril de 2021.
- ↑ Vizoso, Sonia (5 de maio de 2017). "“Este premio es para los periodistas sin gloria que no reciben palmaditas”". El País (en castelán). Consultado o 5 de abril de 2021.
- ↑ "Fallece la periodista coruñesa Ana Viqueira a los 59 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 5 de abril de 2021.