José Domínguez Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Domínguez
Información persoal
Nome completo José Domínguez Rial
Nacemento 10 de novembro de 1940
Lugar Vigo, Galicia
Falecemento 30 de xuño de 2000 (59 anos)
Altura 1,83 m.
Peso 80 kg
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1960 Celta de Vigo 1 (0)
1960–1971 Deportivo da Coruña 287 (5)
1971–1974 Celta de Vigo 49 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Domínguez Rial, nado en Vigo o 10 de novembro de 1940 e finado o 30 de xuño de 2000, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1960–61 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División, estreándose no segundo partido de liga, e sendo un habitual no once do equipo adestrado por Jesús Barrio. Na campaña seguinte lograron o ascenso a Primeira División, proclamándose campións de Segunda, adestrados por Juan Otxoa. Permaneceu no club coruñés 11 temporadas, alternando entre Primeira e Segunda División.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]