Aguia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila

A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuido a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.

Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.

As aguias son tamén símbolos utilizados en varios contextos e culturas:

  • Como símbolo das lexións romanas
  • Como animal nacional dos Estados Unidos da América
  • Como símbolo de poder nos pobos maias, aztecas e exipcios. Amón-Ra, a máis grande deidade dos antigos exipcios, era representado coma un home coa testa dun aguia.

Especies[editar | editar a fonte]