Bauhaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como Bauhaus (De-Bauhaus.ogg pronunciación en alemán ) á Staatliches Bauhaus (literalmente, casa estatal de construción), unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 na Alemaña. A Bauhaus foi unha das maiores e máis orixinais expresións do que se chama Modernismo na arquitectura moderna, sendo unha das primeiras escolas de deseño do mundo.

Histórico[editar | editar a fonte]

Historia da arte
Arte contemporánea
MonaLisa sfumato.jpeg
Arte prehistórica
Arte antiga
Arte medieval
Arte occidental
Arte contemporánea
Arte etnográfica
Arte americana
Arte africana
Arte asiática
Arte islámica
Sede da Bauhaus en Dessau, Alemaña. o Edificio proxectouno Walter Gropius, director da escola

A escola foi fundada por Walter Gropius en Weimar no 1919, a partir da reunión da Escola do Gran-Duque para Artes Plásticas coa Kunstg. A maior parte dos traballos feitos polos alumnos nas aulas-oficina vendeuse durante a Segunda Guerra Mundial. A intención primaria era facer da Bauhaus unha escola combinada de arquitectura, artesanado, e unha academia de artes, e iso acabou sendo a base de moitos conflitos internos e externos que alí pasaron.

Gropius presentiu que comezaba un novo período da historia co fin da Primeira Guerra Mundial e decidiu que a partir de aí deberíase criar un novo estilo arquitectónico que reflectise esa nova época. No seu estilo, tanto na arquitectura canto na criación de bens de consumo, primaba a funcionalidade, custo reducido e orientación á produción en masa. Por esas razóns Gropius quería unir novamente os campos da arte e artesanado, criando produtos altamente funcionais e con atributos artísticos. El foi o director da escola de 1919 a 1928, sucedido por Hannes Meyer e Ludwig Mies van der Rohe.

A Bauhaus fora grandemente subsidiada pola República de Weimar. Despois dunha mudanza nos cadros do goberno, en 1925 a escola mudouse para Dessau, lugar onde foi criada a Universidade Bauhaus. Unha nova mudanza ocorre en 1932, para Berlín.

En 1933 a Bauhaus é pechada por orde do goberno nazi. Os nazis opuxéranse á Bauhaus durante a década de 1920, ben como a calquera outro grupo que tivese unha orientación política de esquerda. A escola foi considerada unha fronte comunista, especialmente porque moitos artistas rusos traballaban ou estudaban alí. Escritores nazis como Wilhelm Frick e Alfred Rosenberg clamaban que a escola era "anti-Xermánica," e desaprobaban o seu estilo modernista. Con todo, a Bauhaus tivo un impacto fundamental no desenvolvemento das artes e da arquitectura do occidente europeo, e tamén dos Estados Unidos da América nas décadas seguintes - a onde se encamiñaron moitos artistas exiliados polo réxime nazi.

O principal campo de estudos da Bauhaus era a arquitectura (como fica implícito ata polo seu nome), e procurou estabelecer planos para a construción de casas populares baratas por parte da República de Weimar. Mais tamén había espazo para outras expresións artísticas: a escola publicaba unha revista chamada Bauhaus e unha serie de libros chamados Bauhausbücher. O director de publicacións e deseño era Herbert Bayer.

Un dos obxectivos principais da Bauhaus era unir artes, artesanado e tecnoloxía. Dábaselle valor á máquina, e salientábase a produción industrial e o deseño de produtos. 'O Vorkurs' - literalmente curso preparatorio era un curso ministrado nos moldes do que é o moderno curso de Deseño Básico, fundamental en escolas de arquitectura de todo o mundo. Non se ensinaba nada de historia na Bauhaus porque se consideraba que todo debería ser criado por principios racionais no canto de ser criado por padróns herdados do pasado.

Nomes ligados á Bauhaus[editar | editar a fonte]

Algúns artistas e profesores da Bauhaus:

Bauhaus-Dessau Festsaal.jpg
Bauhaus-Dessau Atelier.jpg

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bauhaus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ARGAN, Giulio Carlo; Arte moderna; Sao Paulo: Editora Compañía das Letras, 1992.
  • BENEVOLO, Leonardo; Historia da arquitectura moderna; Sao Paulo: Editora Perspectiva.
  • GROPIUS, Walter; Bauhaus - novarquitectura; Sao Paulo: Editora Perspectiva.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]