Ariel Sharon
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Ariel Sharon (hebreo: אריאל שרון, nome de nacemento: Ariel Scheinermann; nado o 27 de febreiro de 1928) e no seu tempo membro da Haganah. Foi primeiro ministro de Israel dende marzo de 2001. O 4 de xaneiro de 2006 sufriu unha hemorraxia cerebral e foi declarado incapacitado temporalmente para exercer os seus poderes, substituíndoo o seu viceprimeiro ministro, Ehud Olmert, quen definitivamente asumiu o posto o 14 de abril.
Sharon foi un dos líderes históricos do Likud; o 21 de novembro de 2005 deixou este partido e fundou o Kadima . Foi acusado de ser o responsable dos masacres de Sabra e Shatila, no Líbano.
Enfermidade[editar]
O 18 de decembro de 2005, sufriu unha recaída por un leve infarto cerebral. Dous días despois recuperouse, e aínda que cunha serie de restricións médicas volveu aos seus labores diarios. O 4 de xaneiro de 2006, só días máis tarde da súa primeira recaída, Sharón sufriu unha grave hemorraxia cerebral mentres descansaba na súa residencia no Deserto do Néguev. Atendéuselle por varias semanas no Hospital Ha-Dasah da cidade de Xerusalén. Sharón permanece en coma profundo e en virtual estado vexetativo desde entón.
Meses máis tarde, foi trasladado desde o Hospital Ha-Dasah, a outro centro médico situado na cidade de Tel-Aviv. Tras meses sen novidades sobre a súa saúde, o 23 de xullo de 2006 informouse, desde o Hospital Tel-Hashomer de Tel-Aviv, que o seu estado de saúde empeorara a raíz dunha insuficiencia renal.
Novamente, o 14 de agosto de 2006 volveuse a informar desde o Hospital Tel-Hashomer, que o estado de saúde de Sharón empeorara. Nesta ocasión informouse que Sharón sufría dunha dobre neumonía, e que a súa vida corría grave perigo.
O 3 de novembro de 2006, volveuse a informar que Sharon recaera novamente. Nesta ocasión, foi por unha infección que atacou ao corazón.
