Imperialismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

O imperialismo é o desexo dun Estado de levar a cabo a formación e o mantemento dun imperio (aínda que ese Estado non o exprese con ese termo), ben sexa polo control territorial ou ben pola adquisición de materias primas. Noutras palabras: é a dominación política ou económica que exerce un país que é económica e tecnoloxicamente superior sobre outro en ámbitos que van dende o puramente económico ata ámbitos ideolóxicos e culturais. O termo úsase para describir a estratexia dun país para manter as colonias e a dominación sobre outros territorios, aínda que non remate coa soberanía política desas zonas.

Causas[editar | editar a fonte]

Económicas[editar | editar a fonte]

A crise do 1873 provocou o descenso dos prezos, e con proteccionismo, e dicir, a protección dos produtos propios de cada país prohibindo a entrada de artigos estranxeiros ou gravándoos con impostos. Isto deu lugar á necesidade de encontrar novos mercados que non estivesen controlados polo dito sistema. Por outra parte, potencias capitalistas europeas como Inglaterra, Países Baixos e Bélxica necesitan darlle saída ao seu excedente de capital e fano investíndoo en países doutros continentes, establecendo préstamos, implantando ferrocarrís, instalando portos, etc. Ademais, estes países necesitan buscar materias primas para as súas industrias, xa que comezan a esgotarse ou a escasear en Europa.

Desenvolvemento do imperialismo económico[editar | editar a fonte]

A partir de principios do século XX xa se entende o imperialismo na súa aceptación económica. Unha das principais causas da Primeira Guerra Mundial foron as rivalidades entre os grandes estados como consecuencia da busca de novos mercados, zonas de influencia, materias primas, e, en xeral, dominio territorial.

No período de entreguerras o imperialismo económico ou dominio dos recursos das colonias caracterizouse por estar ligado ó dominio político dos Estados, é dicir, ó colonialismo. Só en Latinoamérica se comezou a dar outro tipo de imperialismo. Alá, deron comezo as actividades das grandes empresas monopolísticas [[Inglaterra|inglesas}} e especialmente norteamericanas.

Trala Segunda Guerra Mundial, o imperialismo desenvolveuse extraordinariamente: o despertar nacionalista dos pobos subdesenvolvidos (tales como os países africanos) e a aparición do socialismo en moitos deses Estados puxo en crise o sistema colonialista. Non obstante, as antigas colonias pasaron a depender economicamente das ex metrópoles, que continuaban a explotar os seus recursos. É o que se denomina neocolonialismo.

Demográficas[editar | editar a fonte]

En Europa, entre 1850 e 1914, produciuse un espectacular aumento demográfico que chegou incluso a duplicar a poboación, polo que nalgúns países empezaban a escasear os recursos. Gran parte da poboación, uns 40 millóns de europeos, non tiñan outra saída que ir aos outeiros do seu respectivo país, xa que non contaban con traballo nin con alimentos suficientes para abastecerse todos e cambiar a súa residencia na busca de riquezas e mellores condicións.

O imperialismo é o dominio que exercen as nacións máis poderosas respecto a outras máis débiles, aínda que non sempre de forma oficial. Pero non sempre se denomina imperialismo o proceso de expansión económica que tivo lugar en Europa a mediados do século XIX, sobre todo a partir de 1870. Durante este período, moitos países europeos, especialmente Gran Bretaña, estendéronse primeiro de forma oficial e máis tarde anexionado territorios e formando colonias en África, Asia e o Pacífico. Este imperialismo foi consecuencia da busca, fóra de Europa, de mercados e materias primas para a revolución industrial e deuse ata o comezo da primeira Guerra Mundial, en 1914 . A suposición da superioridade cultural, económica, moral, ideolóxica ou doutra índole do poder imperial sobre as zonas dominadas leva os imperialistas a ter unha idea positiva do mantemento e de adquistición de imperios. En cambio naqueles territorios que están suxeitos ós gobernos imperialistas a xente está descontenta, séntese explotada, etc.

Cecil Rhodes, figura do imperialismo inglés.