Imperio Austrohúngaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Austria-Hungría")
Osztrák-Magyar Monarchia
Österreichisch-Ungarische Monarchie
Monarquía austrohúngara

1867–1918
Bandeira Escudo
Himno: Gott erhalte Franz den Kaiser
Capital Viena (principal) e
Budapest
Lingua Alemán, húngaro (outras 12)
Goberno Monarquía constitucional
Emperador
 • 1867–1916 Francisco Xosé I
 • 1916–1918 Carlos I
Historia
 • Compromiso de 1897 30 de marzo de 1867
 • Ind. Checoslovaca 28 de outubro de 1918
 • Ind. eslavos do sur 29 de outubro de 1918
 • Disolución 31 de outubro de 1918
Superficie
 • 1914 676.615 km²
Poboación
 • 1914 est. 52.800.000 
     Densidade 78/km²
Moeda Florín
Coroa
Precedido por
Sucedido por
Flag of the Habsburg Monarchy.svg Imperio austríaco
Austria alemá Flag of Austria.svg
R.D. de Hungría Civil Ensign of Hungary.svg
Checoslovaquia Flag of Czechoslovakia.svg
ZUNR Western ukraine flag.png
República de Polonia Flag of Poland.svg
Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios Flag of the State of Slovenes, Croats and Serbs.svg
Reino de Italia Flag of Italy (1861-1946) crowned.svg
Imperio Austro-Húngaro
Nomes longos oficiais
(e tradución ao galego)
gl: Os Reinos e Terras representadas no Consello Imperial e as Terras da Santa Coroa Húngara de Santo Estevo
de: Die im Reichsrat vertretenen Königreiche und Länder und die Länder der heiligen ungarischen Stephanskrone
hu: A birodalmi tanácsban képviselt királyságok és országok és a magyar Szent Korona országai

O Imperio Austrohúngaro (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso Austrohúngaro que reconoñecía ó Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, Austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52.799.000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro se reparte hoxe en día en trece estados europeos que son na actualidade as nacións de Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

[editar] Cronoloxía do Imperio Austrohúngaro

Escudo do Imperio en 1867

1867 : Compromiso Austrohúngaro

1879 : Alianza de Austria-Hungría e o Imperio Alemán.

1882 : Italia únese á alianza.

1892 : Entra en circulación a coroa de ouro.

1907 : Entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos.

1907 : Primeiras eleccións en Austria. Novo compromiso entre Austria e Hungría.

1908 : Anexión de Bosnia-Herzegovina.

1912 : Serbia e Bulgaria forman unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.

1914 : O arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek son asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosnio. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea dando inicio á Primeira Guerra Mundial.

1915 : O Imperio Austrohúngaro declárase disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

1916 : En plena guerra o emperador Francisco Xosé I morre tras 68 anos de reinado.

1917 : O novo emperador, Carlos I, tenta conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

1918 : Carlos envía a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza.

1919 : O Imperio Austrohúngaro queda totalmente disolto tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas