Tecnoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Robot Spirity en Marte, incorpora algunhas das tecnoloxías máis avanzadas para a exploración científica

A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento.

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo ese mundo artificial, dende o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario é tecnoloxía.

Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a:

  • As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;
  • Un método ou proceso de construción e traballo (tal como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);
  • A aplicación de recursos para a resolución de problemas;
  • O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;
  • Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).

A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa criados polo home, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.

Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.

Ciencia e tecnoloxía[editar | editar a fonte]

As cámaras dixitais son un exemplo de obxecto tecnolóxico

A ciencia e a tecnoloxía sempre estiveron moi próximas unha da outra.

Podemos falar de dous grandes campos vinculados á actividade humana, moi ligados entre si pero substancialmente diferentes: o campo da ciencia (a indagación) e o campo da técnica e da tecnoloxía (a acción). Podemos dicir que a ciencia está asociada ao desexo de coñecer (coñecer e comprender o mundo que nos rodea), mentres que a técnica e a tecnoloxía vincúlanse á vontade das persoas de fecer (facer cousas para satisfacer as súas necesidades ou desexos).

No campo da ciencia, a motivación é a ansia de coñecementos, a actividade é a investigación e o produto resultante é o coñecemento científico. No campo da tecnoloxía a motivación é a satisfacción de necesidades ou desexos, a actividade é o desenvolvemento de proxectos, o deseño e a execución, e o produto resultante son os bens e servizos, os métodos e os procesos.

É bastante corrente confundir tecnoloxía con ciencia aplicada: isto é un erro, xa que a tecnoloxía non é soamente ciencia aplicada. É certo que se basea en coñecementos científicos, pero tamén se basea na experiencia, utiliza moitas veces coñecementos empíricos e ten en conta moitos outros factores, algúns alleos á específica aplicación de determinados coñecementos científicos, como por exemplo os aspectos prácticos da construción ou da produción industrial, os modos e medios de produción, a factibilidade económica, a adaptación do produto aos costumes do usuario, a aceptación que o produto poda ou non ter no público, etc.. Ademais a tecnoloxía está, sobre todo, vinculada a cousas, físicas ou virtuais, que o ser humano fai, a cousas artificiais.

Como exemplo, un xeólogo aplicado pode predicir un deslizamento de terra (ciencia aplicada), mentres que un enxeñeiro, proxectando e supervisando axeitadas obras de defensa, pode chegar a evitar o deslizamento de terra (tecnoloxía).

Tecnoloxía e economía[editar | editar a fonte]

Existe un equilibrio moi tenue entre as vantaxes e as desvantaxes que o avance da tecnoloxía trae para a sociedade. A principal vantaxe reflíctese na produción industrial: a tecnoloxía torna a produción máis rápida e maior, e, aínda así, o resultado final é un produto máis barato e con maior calidade.

As desvantaxes que a tecnoloxía trae son de tal forma preocupantes que case superan as vantaxes, unha delas é a contaminación, que, se non for controlada a tempo, evoluirá para un cuadro irreversíbel. Outra desvantaxe é en canto ao desemprego xerado polo uso intensivo das máquinas na industria, na agricultura e no comercio. A este tipo de desemprego, no cal o traballo do home é substituído polo traballo das máquinas, denominamos desemprego estrutural. Un dos países que máis sofren con este problema é o Xapón, sendo aparentemente un dos principais motivos para o freo do crecemento da economía deste país a partir da década de 90: xustamente, o desemprego estrutural.

Historia da tecnoloxía[editar | editar a fonte]

A historia da tecnoloxía é case tan vella canto a historia da humanidade, e se segue desde cando os seres humanos comezaron a usar ferramentas de caza e de protección. A historia da tecnoloxía, ten consecuentemente embutida, a cronoloxía do uso dos recursos naturais, porque, para seren criadas, todas as ferramentas necesitaron, antes de calquera cousa, do uso dun recurso natural adecuado. A historia da tecnoloxía segue unha progresión das ferramentas simples e das fontes de enerxía simples ás ferramentas complexas e das fontes de enerxía complexas, como segue:

As tecnoloxías máis antigas converteron recursos naturais en ferramentas simples. Os procesos máis antigos, tales como arte rupestre e a raspaxe das pedras, e as ferramentas máis antigas, tales como a pedra lascada e a roda, son medios simples para a conversión de materiais brutos e "crús" en produtos útiles. Os antropólogos descubriron moitas casas e ferramentas humanas feitas directamente a partir dos recursos naturais.

A descuberta e o consecuente uso do lume foi un punto chave na evolución tecnolóxica do home, permitindo un mellor aproveitamento dos alimentos e o aproveitamento dos recursos naturais que necesitan do calor para seren úteis. A madeira e o carbón de leña están entre os primeiros materiais usados como combustíbel. A madeira, a arxila, e a rocha (tal como a pedra calcaria), estaban entre os materiais máis adiantados a seren tratados polo lume, para facer as armas, cerámica e cemento, entre outros. As mellorías continuando tales como a fornalla permitiron a habilidade de derreter e forxar o metal (tal como o cobre, 8000 a.C.), e eventualmente á descuberta das ligas, tales como o bronce (4000 a.C.). Os primeiros usos do ferro e do aceiro, data de 1400 a.C..

Avión de caza F-16 Falcon

As ferramentas máis sofisticadas inclúen desde máquinas simple como a alavanca (300 a.C.), o parafuso (400 a.C.), e a polía, ata a maquinaría complexa como o computador, os dispositivos de telecomunicacións, o motor eléctrico, o motor a inxección, entre moitos outros. As ferramentas e máquinas aumentan en complexidade na mesma proporción en que o coñecemento científico se expande.

A maior parte das novidades tecnolóxicas costuman ser primeiramente empregadas na enxeñaría, na medicina, na informática e no ramo militar. Con iso o público doméstico acaba sendo o último a se beneficiar da alta tecnoloxía, xa que ferramentas complexas requeren unha manufacturación complexa, aumentando drasticamente o prezo final do produto.

A enerxía obtida do vento, da auga, dos hidrocarbonetos e da fusión nuclear. A auga fornece a enerxía co proceso da xeración do hidroenerxía. O vento fornece a enerxía usando correntes do vento usando moiños de vento. Hai tres fontes principais dos hidrocarbonetos , ao lado da madeira e do seu carbón, gas natural, e petróleo. O carbón e o gas natural usanse case exclusivamente como unha fonte de enerxía. O petróleo é amplamente usado como fonte de enerxía (gasolina e diésel) e é tamén un recurso natural usado na fabricación de plásticos e outros materiais sintéticos. Algúns dos máis recentes avances no ramo da xeración de enerxía inclúen a habilidade de usar a enerxía nuclear, derivada dos combustíbeis tales como o uranio, e a habilidade de usar o hidróxeno como fonte de enerxía limpa e barata.

Tipos de tecnoloxía[editar | editar a fonte]

Tamén podemos clasificar a tecnoloxía de acordo cos seus campos de estudo:

Lista de tecnoloxías[editar | editar a fonte]

Wiki-logo2.png

Tecnoloxías clásicas

Wiki-logo2.png

Tecnoloxías avanzadas

Wiki-logo2.png

Tecnoloxías de comunicación

Wiki-logo2.png

Tecnoloxía eléctrica fundamental

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]