Franconia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franconia
Franken
Situación xeográfica
Flag of Franconia.svg            Escudo de Franconia
País: Alemaña Alemaña
Estado: Flag of Bavaria (lozengy).svg Baviera
Capital: Würzburg/Ansbach/Bayreuth
Xeografía
Superficie: 23.007,25 km²
Poboación
Poboación: 4.108.502 (2009)
Densidade: 178,57 hab./km²
Información
Principais cidades: Würzburg
Núremberg

Franconia[1] (en alemán: Franken) é unha rexión do sur de Alemaña, situada na parte setentrional do Estado de Baviera. Linda cos estados de Baden-Württemberg, Turinxia e Saxonia así como coa rexión de Karlovy Vary na República Checa. Abarca a zona oriental do antigo Ducado de Franconia. As dúas cidades máis grandes deste territorio son Würzburg e Núremberg. Hoxe está divida nas Regierungsbezirk de Alta Franconia, Franconia Central e Baixa Franconia.

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Marienberg en Würzburg

Franconia era un dos cinco ducados da Francia Oriental. A rexión actual correspóndese á parte oriental deste antigo reino. Até o século X tamén eran coñecidas como Franconia algunhas áreas do Rin: Baden, Palatinado, Rheinland e o actual estado de Hessen, así como algunhas zonas de Turinxia.

En época altomedieval, até o século VI desenvólvese a Franconia oriental entre a presión dos turinxios e dos suabos, no século VII quedará descolgada do resto do reino, formando o seu territorio como marca fronteiriza do leste do Reino Franco. A mediados do século IX xorde o Ducado de Franconia, a partir da elección do Duque Henrique I de Saxonia como Rei do oriente carolinxio. Franconia converterase no centro de poder e espiña dorsal do reino, na vila de Forchheim serán celebradas as eleccións reais do ano 900.

Casa de Albrecht Dürer en Núremberg

No ano 1500, baixo o goberno do emperador Maximiliano I o Imperio foi dividido en varias rexións como consecuencia da Reforma, neste contexto créase en 1512 o territorio imperial de Franconia derivado da unión de diferentes estados contiguos co obxectivo de defender os seus intereses comúns, este territorio recentemente unido tivo a capacidade de mobilizar tropas, elixir representante na Cámara Imperial e emitir moeda nas súas cecas até os anos finais do Sacro Imperio en 1806, o cal segundo moitos francóns confire a esta rexión a autoridade suficiente para conformar un estado propio (Bundesländer) na administración alemá.

Unha das particularidades políticas da rexión eran os diferentes status administrativos que tiñan as súas cidades, desde cidades imperiais libres como Núremberg e Schweinfurt a importantes arcebispados (Bamberg) pasando por marquesados, señoríos e pequenos condados dependentes do imperio, o que levou a denominar Franconia ao longo de moito tempo como Territorium non clausum. Isto foi así até a ocupación militar prusiana de Ansbach e Bayreuth en 1791.

Non foi en Franconia a administrativa a única particularidade. O territorio sempre estivo dividido entre zonas católicas e zonas protestantes. A parte oeste de Franconia é fundamentalmente católica, en parte debido á gran influencia que exerceu o arcebispado de Bamberg, mentres que a parte leste, antigo ducado de Brandeburgo-Bayreuth é evanxélica. Até a chegada ao poder do Partido Nacional-socialista tamén houbo gran presenza de xudeus nalgunhas cidades, sobre todo en Fürth e en Erlangen.

Nas orixes do nazismo o Partido recibiu un claro apoio dos territorios francóns, fundamentalmente das zonas de maioría protestante. Na rexión de Rothenburg o NSDAP conseguiu o apoio do 83% da poboación nas eleccións de 1929, en Coburg tamén conseguiron a maioría absoluta, converténdose pouco despois o seu alcalde, Franz Schwede, en gobernador de Pomerania. Núremberg recibiu en 1927 o título de Stadt der Reichsparteitag, cidade para os congresos do Partido converténdose nunha das cidades con máis valor simbólico e político do réxime. Tras a guerra foi nesta cidade onde tiveron lugar os Xuízos para procesar a gran parte dos líderes do NSDAP. Nos anos 80, algúns habitantes da Franconia desenvolveron unha plataforma política para tentar conseguir o autogoberno desta zona fronte a Baviera, a Fränkischen Bund e. V.. A pretensión desta organización é conseguir un Bundesland Franken ou Estado da Franconia, dentro da Alemaña.

Formación[editar | editar a fonte]

A rexión de Franconia comprende as provincias bávaras de Alta Franconia, Baixa Franconia e Franconia Central, este territorio conforma practicamente a metade norte do estado libre de Baviera. Ademais hai outras dúas rexións de cultura francona fose deste estado: A provincia de Südthüringen e a rexión de Tauberfranken en Baden-Württemberg.

Na época do Sacro Imperio, particularmente desde o ano 1500 Franconia estaba conformada como un dos distritos imperiais e gobernada baixo a denominación de Señorío do Reich, pero isto non impedía que cada pequena rexión que integraba o señorío tivese os seus intereses persoais de tipo territorial ou confesional. No ano 1791 Prusia fíxose cos señoríos de Ansbach e Bayreuth, conseguindo un gran poder e decisiva influencia sobre a zona. De calquera xeito ambas as zonas deixaron de pertencer formalmente ao Reich en 1806. A evolución administrativa de Alemaña relegou ás rexións desta zona á categoría de provincias de forma que nunca chegaron a desenvolverse co status de estado alemán, o que provocou una certa controversia política, pois aínda que se trata dunha área con características culturais ben conformadas a súa definición administrativa non está definida de maneira clara.

Círculo Imperial Francón en 1789
Franconia hoxe

Os nexos de unión cultural máis evidente entre os francóns son:

  • Desenvolvemento cultural e histórico común. Son por exemplo comúns a toda Franconia os tellados puntiagudos dos campanarios, que contrastan coas zwibelntürme (torres de tellado imperial) do resto de Baviera.
  • A autodenominación dos francóns como tales.
  • O dialecto da zona, francón, pertencente á familia de dialectos xermanos.
  • O uso común en todas as comunidades franconas dos símbolos francóns, entre outros o escudo de anciños branquivermellos.

Até 1972 amplas zonas da demarcación de Eichstätt, xa na provincia de Alta Baviera foron incluídas na área cultural francona.

Franconia en Baviera[editar | editar a fonte]

A maior parte de Franconia forma parte de Baviera. Tras a incorporación, esta foi dividida en tres grandes provincias:

Rexión Capital Tamaño Habitantes
(Sep 2005)
H/km²
Alta Franconia Bayreuth 7.231,00 km² 1.103.239 153
Franconia Central Ansbach 7.244,85 km² 1.708.841 236
Baixa Franconia Würzburg 8.530,99 km² 1.342.308 157
Franconia en Baviera 23.006,84 km² 4.154.388 181


Poboación[editar | editar a fonte]

Cidade de Bayreuth
Cidade Habitantes a
31. Decembro 2000
Habitantes a
30. Xuño 2005
1. Núremberg 488.400 497.254
2. Würzburg 127.966 133.188
3. Fürth 110.477 113.076
4. Erlangen 100.778 102.745
5. Bayreuth 74.153 74.137
6. Bamberg 69.036 69.934
7. Aschaffenburg 67.592 68.798
8. Schweinfurt 54.325 54.351
9. Hof 50.741 48.982
10. Coburg 42.427 42.015

Franconia en Baden-Württemberg[editar | editar a fonte]

En Baden-Württemberg existe desde 2003 unha Region Franken, tras a renovación das leis territoriais do 20 de maio de 2003 esta rexión foi bautizada co nome de Region Heilbronn-Franken

Símbolos[editar | editar a fonte]

Bandeira de Franconia

Desde o 2 de xullo de 2005 celébrase o día do francón, Tag der Franken, conmemorando a formación deste territorio no ano 1500. Esta festa debe ser celebrada cada ano nunha localidade diferente. Existe tamén un himno de Franconia (Dás Frankenlied) escrito por Viktor von Scheffel en 1859.

Francóns ilustres[editar | editar a fonte]

Concello de Bamberg

Turismo[editar | editar a fonte]

Klöße

Do turismo destaca o carácter romántico da rexión. Hai multitude de monumentos ben conservados, desde castelos e igrexas a casas sinxelas do século XIV ao XIX. Hai cidades turísticas, como Núremberg que acolle turistas todo o ano por motivos que van desde o famoso mercado de nadal (o máis grande do mundo) ao armazón medieval das súas rúas pasando polo fútbol; a Suíza Francona, Fränkische Schweiz tamén é un centro turístico de importancia en Alemaña, debido á impresionante conservación do medio natural e ao Biertourismus ou turismo cervexeiro, xa que esta zona posúe o maior número de cervecerías de todo o país. Tamén é un incentivo a gastronomía da zona, sendo típicas as carnes asadas, os Klöße (bólas de pan e pataca) e peixes de río.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen, pero non aparecerán as notas ata que se engada o modelo {{Listaref}}; consulte a páxina de axuda.