Jürgen Habermas
Jürgen Habermas, nado en Düsseldorf o 18 de xuño de 1929, é un pensador e filósofo alemán.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou filosofía, psicoloxía, literatura alemá e economía na Universidade de Gotinga, en Zúric e en Bonn. Nesta última universidade doutorouse, e a súa tese versou sobre Friedrich Schelling. De 1956 a 1959 foi axudante e colaborador de Theodor Adorno no Instituto de Socioloxía de Fráncfort do Main.
No ano 1961 defendeu a súa habilitación, centrada no concepto do público (öffentlichkeit). De 1964 a 1971 exerceu como profesor na Universidade de Fráncfort, e converteuse nun dos principais representantes da Teoría Crítica. Entre 1971 e 1983 pasou a ser director do Instituto Max Planck para a "investigación das condicións de vida do mundo técnico-científico".
Xa en 2001 obtivo o Premio da Paz que conceden os libreiros alemáns, e en 2003 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.
Pensamento [editar]
Se ben a súa obra e pensamento se basean na Teoría Crítica da Escola de Fráncfort, Habermas evidencia profundas diverxencias cos seus mestres e predecesores. O seu traballo enfócase nas bases da teoría social e da epistemoloxía, na análise da sociedade industrial e capitalista. Outros temas importantes nas súas análises son a democracia e a primacía da lei nun contexto crítico social evolutivo arredado na política contemporánea, especialmente na Alemaña actual.
Na súa tese Historia e crítica da opinión pública (tamén coñecido como Transformación Estrutural da Publicidade) dálle solidez ao concepto opinión pública e recupera a visión eminentemente democrática do mesmo coa súa distinción entre opinión publica manipulada e opinión pública crítica.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Lorenzo Tomé, José Carlos (2004). Jürgen Habermas. ISBN 978-84-96128-56-9.