Potsdam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Potsdam.
Vista antiga

Potsdam é unha cidade de Alemaña, capital do Land de Brandeburgo, situada moi preto de Berlín, nas beiras do río Havel. Conta con 148.000 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Mentres Prusia foi un Estado independente, Potsdam foi a residencia real ( o pazo real era Sanssouci, aínda sobrevivente), conservándoo logo da unificación alemá (1871). Perdería esa situación en 1918, logo da Primeira Guerra Mundial, e a conseguinte abdicación de Guillerme II. Entre xullo e agosto de 1945 foi sede da conferencia celebrada entre as potencias vencedoras da Segunda Guerra Mundial.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Os pazos de Sanssouci e de Mármore, e mais os parques, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]