Alemaña nazi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Großdeutsches Reich
Terceiro Reich

 

 

1933–1945
 

 

 

Bandeira Escudo
Lema: Ein Volk, ein Reich, ein Führer (alemán: «Un pobo, un imperio, un líder»)
Himno: Das Lied der Deutschen
Europa durante a máxima expansión alemá, 1941–1942
Capital Berlín (proposta Welthauptstadt Germania)
Linguas
Goberno Nacionalsocialismo
Reichspräsident (Presidente)
 • 1925-1934 Paul von Hindenburg¹
 • 1934-1945 Adolf Hitler
 • 1945 Karl Dönitz
Primeiro Ministro
 • 1933-1945 Adolf Hitler
 • 1945 Lutz Schwerin von Krosigk²
Historia
 • Estabelecemento³ 31 de marzo de 1933
 • Noite dos coitelos longos 30 de xuño de 1934
 • Anschluss 10 de abril de 1938
 • Comezo da II Guerra Mundial 1 de setembro de 1939
 • Morte de Hitler 30 de abril de 1945
 • Rendición Incondicional 9 de maio de 1945
Poboación
 • 1939 est. 69.314.000 
Moeda Reichsmark
¹ Desde a morte de Hinderburg, o cargo de presidente quedou libre, embora Hitler tomouno de modo implícito. Isto demóstrase ao nomear a Dönitz como o seu sucesor en 1945.
² Antes de morrer, Hitler nomeou a Goebbels como Chanceler, mais este suicidouse no día seguinte.
³ A República de Weimar só foi disolta oficialmente en 1945.

Alemaña nazi e Terceiro Reich son os nomes comúns para designar a Alemaña durante o período entre 1933-1945, cando o goberno estaba controlado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns, máis coñecido como Partido Nazi. Baixo o goberno de Hitler, Alemaña foi transformada nun estado totalitario, onde case todos os aspectos da vida eran controlados polo Estado. A Alemaña nazi deixou de existir despois de que as Forzas Aliadas derrotaran a Wehrmacht en maio de 1945, terminando así a Segunda Guerra Mundial en Europa.

Despois de Hitler fora nomeado chanceler de Alemaña polo Presidente da República de Weimar Paul von Hindenburg o 30 de xaneiro de 1933, o Partido Nazi comezou a eliminar toda a oposición política e consolidar o seu poder. Hindenburg finou o 2 de agosto de 1934, e Hitler convertíuse en dictador de Alemaña, cando os poderes e as oficinas da chancelaría e a presidencia foron fundidas. Un referendo nacional realizado o 19 de agosto de 1934 confirmo a Hitler como único Führer (líder) de Alemaña. Todo o poder centralizouse nas mans de Hitler, e a súa palabra estaba por enriba de todas as leis. O goberno non era un corlo de cooperación coordinada, senón unha colección de faccións que loitaban para acumular poder e gañar o favor de Hitler. No medio da Gran Depresión, os nazis restauraron a estabilidade económica e remataron co paro masivo usando gastos militares pesados ​​e unha economía mixta. Realizaronse unha gran cantidade de obras públicas, incluíndo a construción de Autobahns (estradas de alta velocidade). O retorno á estabilidade económica impulsou a popularidade do réxime.

O racismo, sobre todo antisemitismo, foi unha das características centrais do réxime. Os pobos xermánicos foron considerados como a representación máis pura do arianismo e, polo tanto, a raza superior. Os xudeus e outros considerados indesexables foron perseguidos ou asasinados, e a oposición ao goberno de Hitler foi brutalmente reprimida. Os membros da oposición liberal, socialista e comunista morreron, foron prendidos ou forzados ao exilio. As igrexas cristiás tamén foron oprimidas, con moitos líderes presos. A educación estaba centrada na bioloxía racial, política de poboación e aptitude para o servizo militar. A carreira e oportunidades educativas para as mulleres foron reducidas. Nas Olimpíadas de verán de 1936 presentouse o Terceiro Reich no escenario internacional. O Ministro de Propaganda, Joseph Goebbels, fixo uso efectivo das película, mitíns e oratoria de Hitler para controlar a opinión pública. O goberno controlaba a expresión artística, promovendo formas de arte específicas e evitaba ou prohibía outras.

Alemaña fixo esixencias territoriales cada vez máis agresivas, ameazando coa guerra se non eran atendidas. Austria e Checoslovaquia foron anexadas en 1938 e 1939. Hitler fixo un pacto con Joseph Stalin e invadiu a Polonia en setembro de 1939, comezando así a Segunda Guerra Mundial en Europa. En alianza coa Italia de Benito Mussolini e outras potencias do Eixo, Alemaña conquistou a maior parte de Europa en 1940 e ameazou a Gran Bretaña. Os Reichskommissariats asumiron o control brutal das áreas conquistadas, e unha administración alemá foi fundada en Polonia. Os xudeus e outros grupos considerados como indesexables foron aprisionados en campos de concentración. A implantación de políticas raciais do réxime culminou co asasinato en masa de xudeus e outras minorías no Holocausto. Tras a invasión alemá da Unión Soviética en 1941, a marea virou contra o Terceiro Reich, e as grandes derrotas militares chegaron en 1943. O bombardeo a grande escala de cidades alemás, ferrocarrís e centrais de petróleo intensificouse en 1944. Alemaña foi invadida en 1945 polos soviéticos no leste e outros aliados por occidente. A negativa de Hitler a admitir a derrota levou á destrución masiva de infraestrutura alemá e perda innecesaria de vidas, nos meses finais da guerra. Os aliados vitoriosos iniciaron unha política de desnazificación e xulgaron aos líderes nazis por crimes de guerra nos Xuízos de Nuremberg.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome oficial do estado foi Deutsches Reich (Reich Alemán) entre 1933 e 1943, e Großdeutsches Reich (Gran Reich Alemán) entre 1943 e 1945. O nome Deutsches Reich é xeralmente traducido como "Imperio Alemán".

Os termos máis comúns son "Alemaña Nazi" e "Terceiro Reich". Este último, adoptada polos nazis, foi usado por primeira vez nunha novela de 1923 de Arthur Moeller van den Bruck. O libro contaba ao Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806) como o primeiro Reich e o Imperio Alemán (1871-1918) como o segundo [1]. Os alemáns modernos refírense ao período como Zeit des Nationalsozialismus (período nacional-socialista) ou Nationalsozialistische Gewaltherrschaft (Tiranía nacional socialista).

Historia[editar | editar a fonte]

O inicio da gran Depresión (1929), desemprego alto, as humillacións do Tratado de Versalles (1919) e o descontento social levaron a un gran apoio do pobo alemán aos partidos socialistas. Temendo unha revolución socialista, a alta burguesía alemá, empresarios e o clero apoiaron ditaduras extremadamente nacionalistas para derrubar os socialistas.

Co apoio do exército, Hitler foi elixido chanceler da Alemaña en xaneiro de 1933, tras un período de caos político e económico, e asumiu a presidencia e o poder executivo único coa morte de Paul von Hindenburg, en 1934. Case inmediatamente, arquitectou a disolución do Reichstag (parlamento) tras o incendio da súa sede, polo cal culpou os comunistas.

A Alemaña transformouse nun estado nacionalista: non-arios e opoñentes do nazismo eran excluídos da administración, e o sistema xudicial tornouse subserviente ao nazismo, con xuízos secretos que tiñan unha ampla definición de traizón e determinaban execucións sumarias. Campos de concentración foron creados para recibir prisioneiros políticos, sendo máis tarde (durante a Segunda Guerra Mundial) utilizados para reunir as chamadas razas impuras como xudeus, ciganos, eslavos, musulmáns [Cómpre referencia], homosexuais e testemuñas de Xeová. Inicialmente, campos de traballos forzado, tornáronse locais de exterminio e de experiencias biolóxicas crueis, con cámaras de gas e fornos crematorios.

Tropas alemás fronte ao Arco do Triunfo de París.

Todos os outros partidos políticos da Alemaña foron liquidados e o Nacional Socialismo foi declarado ideoloxía oficial da Alemaña. O antisemitismo foi formalizado polas leis raciais, de Nuremberg. As igrexas protestantes e católica foron atacadas. O movemento Xuventude Hitleriana foi creado para adoutrinar aos mozos. Gran parte dos traballadores industriais foron conquistados coas ofertas de emprego oriúndas dos programas de rearmamento, entre outros. Boa parte da industria pasou ao control gobernamental, mentres os pequenos agricultores encontráronse máis firmemente ligados ás súas terras.

En Outubro de 1933, a Alemaña retirouse da Sociedade de Nacións, unha organización que Hitler desprezaba. Un plano de catro anos foi creado en 1936 para conquistar a autosuficiencia en caso de guerra, a forza aérea (Luftwaffe), prohibida desde 1919, foi reconstituída, tivo igualmente inicio a reconstrución da Mariña alemá. Hitler reintroduciu o servizo militar obrigatorio en 1935, tras a devolución da Conca do Sarre (río en Francia e Alemaña, so administración da Liga das Nacións desde o final da Primeira Guerra Mundial).

En Xullo de 1936, fornece armas, equipamentos, financiamento e algunhas unidades da Luftwaffe (Lexión Cóndor) ao Xeneral Francisco Franco, o líder nacionalista na Guerra Civil española contra os republicanos, comunistas e anarquistas. Durante a primavera e o verán de 1939, fixo unha alianza política e militar coa Italia de Mussolini e reavivou a antiga disputa polo Corredor Polaco (Danzig), asinando un pacto coa Unión Soviética.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Segunda Guerra Mundial.

O 1 de setembro de 1939, á 04:45 da mañá, Alemaña invadiu a Polonia sen unha declaración formal de guerra, levando a Gran Bretaña e a Francia a guerra, comezando desde modo a Segunda Guerra Mundial. A ocupación militar alemá de gran parte do continente europeo foi rápida. Instaláronse gobernos fantoches en Francia (Francia de Vichy), Croacia (Estado Independente de Croacia), Noruega (con Vidkun Quisling) e en moitos outros países.

Até 1941, o territorio controlado polos nazis estendíase desde o Círculo Polar Ártico e Canle da Mancha até o norte da África e á fronte rusa. A Gran Bretaña foi o principal adversario entre Xuño de 1940 e Xuño de 1941, cando Hitler invadiu a Unión Soviética, quebrando o pacto de non-agresión e abrindo outra fronte de batalla. A mobilización total ocorreu no inicio de 1942 e a produción de armamentos creceu, a pesar dos grandes ataques aéreos a obxectivos civís e industriais. So o liderado de Heinrich Himmler (1900-1945), a policía secreta alemá, chamada SS, asumiu poderes supremos.

A partir de 1943, os exércitos alemáns pasaron a loitar na retagarda e en maio de 1945 o Terceiro Reich encontrábase en ruínas, Hitler suicidouse o 30 de abril de 1945 cando o Exército Vermello, da URSS, estaba a poucos metros do ditador e a derrota do nazismo era irreversible.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cambios territoriais[editar | editar a fonte]

Expansión territorial de Alemaña 1933-1943 . Vermello: 1933 ; rosa : 1939 ; laranxa : 1943

Como resultado da súa derrota na Primeira Guerra Mundial e a firma do Tratado de Versalles, Alemaña perdeu os territorios de Alsacia-Lorena, Xutlandia do Norte e o Territorio de Memel. O Sarre tornouse temporalmente un protectorado de Francia, a condición de que máis tarde, os cidadáns da rexión, decidiran por referendo que país a unirse. Polonia converteuse nunha nación independente e recibíu acceso ao mar coa creación do Corredor Polaco, que separaba a Prusia do resto de Alemaña. Danzig foi feita unha cidade libre. [2].

Alemaña recuperou o control do Sarre por medio dun referendo realizado en 1935 e anexou Austria no Anschluss de 1938. [3]. O Acordo de Múnic de 1938 deulle a Alemaña o control da rexión dos Sudetes, e incautáronse o resto de Checoslovaquia, seis meses despois [4]. Baixo ameaza de invasión por mar, Lituania rendeu a provincia Memel aos nazis en marzo de 1939. [5].

Entre 1939 e 1941, o Terceiro Reich invadíu Polonia, Francia, Luxemburgo, os Países Baixos, Bélxica e a Unión Soviética [6]. Trieste, Tirol do Sur e Istria foron cedidos á Alemaña por Mussolini en 1943 [7]. Dous distritos monicreques foron creados na zona, a Zona operativa do Litoral Adriático e a Zona Operativa do pé dos Alpes [8].

Territorios ocupados[editar | editar a fonte]

Algúns dos territorios conquistados foron inmediatamente incorporados a Alemaña como parte do obxectivo de Hitler a longo prazo da creación da Gran Alemania. Diversas áreas, tales como Alsacia - Lorena, foron convertidas en distrito rexional. Ademais dos territorios incorporados Alemaña estaban os Reichskommissariat (Comissariados do Reich), réximes semi- coloniais establecidos nunha serie de países ocupados. Entre as áreas colocadas baixo administración alemá incluíanse o Protectorado de Bohemia e Moravia, o Reichskommissariat Ostland (que engloba os Estados do Báltico e de Bielorrusia), e o Reichskommissariat Ukraine (Ucraína). As áreas conquistadas de Bélxica e Francia foron colocadas baixo o control da administración militar [9], parte de Polonia foi inmediatamente incorporada ao Reich, e o Goberno Xeral estableceuse en rexión central de Polonia ocupada [10]. Hitler pretendía finalmente incorporar moitas destas áreas para o Reich. [11]

Os gobernos de Dinamarca , Noruega (Reichskommissariat Norwegen) e Holanda (Reichskommissariat Niederlande ) estableceronse baixo administracións civís con persoal, en gran parte local [12].

Cambios da posguerra[editar | editar a fonte]

Coa emisión da Declaración de Berlín o 5 de xuño de 1945, e máis tarde a creación do Consello de Control dos Aliados, as catro potencias aliadas asumiron interinamente o goberno de Alemaña. Na Conferencia de Potsdam en agosto de 1945, os aliados despuxeron a ocupación aliada e desnazificación do país. Alemaña foi dividida en catro zonas, cada unha ocupada por unha das potencias aliadas. Como a maioría das áreas industriais estaban nas zonas occidentais, a Unión Soviética recibíu reparacións adicionais.

O Consello de Control dos Aliados desmantelou Prusia o 20 de maio de 1947. A axuda para a reconstrucción de Alemaña chegou dos Estados Unidos co Plan Marshall en 1948. A ocupación finalizou en 1949, coa creación de dous Estados, a Alemaña federal e a Alemaña oriental. A división do país estivo vixente ata 1990 cando se producíu a reunificación alemá, e Alemaña renounciou a reclamar os territorios perdidos na Segunda Guerra Mundial. [13]

Política[editar | editar a fonte]

Heinrich Himmler, Hitler, e Viktor Lutze realizando o saúdo nazi en Nuremberg, en setembro de 1934.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nazismo.

O NSDAP, era un partido de extrema dereita, que víu a súa oportunidade de facerse co poder durante as revoltas sociais e financieiras que tiveron lugar durante a Gran Depresión de 1929.[14] Mentres estaba en prisión debido ao fallido Pustch de Múnich de 1923, Hitler escribíu Mein Kampf, no que mostraba os seus plans para transformar á sociedade alemá en unha baseada na raza. [15] A ideoloxía do nazismo trouxo elementos de antisemitismo, hixiene racial e euxenismo, combinado cun plan de expansionismo xermánico co fin de obter un maior Lebensraum (espazo vital) para os pobos xermánicos.[16] O régime tratou de outer o novo territorio atacando Polonia e a Unión Soviética, coa intención de deportar ou asasinar aos xudeus e eslavos que vivían naquel territorio, xa que eran vistos como inferiores á raza Aria e parte dunha conspiración xudeo-bolxevique.[17] Outros grupos perseguidos polos nazis eran os xitanos, homosexuais, Testemuñas de Xeová e persoas con problemas físicos ou mentais.[18]

Goberno[editar | editar a fonte]

Unha lei promulgada o 30 de xaneiro de 1934 abolíu os Lander (estados constituíntes) de Alemaña e reemprazounos polos Gau (división administrativa), dirixidos polos líderes do NSDAP, que se convertiron nos gobernadores da rexión.[19]. O cambio nunca chegou a ser completamente implementado, debido a que os Länder seguían sendo empregados como divisións administrativas para algúns departamentos do goberno, como a educación. Isto provocou un solapamento de xurisdiccións e responsabilidades. [20]

Rexións administrativas da Gran Alemaña en 1944.

Os funcionarios xudeus perderon os seus postos de traballo en 1933, coa excepción daqueles que serviran militarmente na Primeira Guerra Mundial. Membros do partido Nazi ou simpatizantes ocuparon os seus postos [21]. En 1935 suprimironse as eleccións locais como consecuencia da publicación da Lei de Goberno Local do Reich. Desde entón, os alcaldes foron nomeados directamente desde o Ministerio do Interior. [22]

Hitler dirixíu Alemaña de xeito autocrático baseándose nos principios de liderazgo (Führerprinzip), que chamaba aos seus subordinados a unha obediencia absoluta. Hitler vía a estrutura do goberno de xeito piramidal, consigo -como líder infalible- no vértice. O partido Nazi utilizou a propaganda para crear un culto á personalidade arredor de Hitler.

Economía[editar | editar a fonte]

Economía do Reich[editar | editar a fonte]

A economía da Alemaña nazi estivo dominada nos seus comezos por unha grave crise económica. A destrucción da Primeira Guerra Mundial e o Tratado de Versalles coa súa imposición de reparacións de guerra levaron a Alemaña a unha década de problemas económicos, coma a hiperinflación na República de Weimar de inicios dos anos 20. Tras o Crac de 1929, a economía alemá, ao igual que a do resto dos países occidentais, sufríu os efectos da Gran Depresión, con alarmantes taxas de desemprego.

Pranta de construción en Buna Werke (1941). Parte do campo de concentración de Auschwitz.

Ao momento da toma do poder de Hitler en 1933, a economía convertíuse nun elemento crucial para a consolidación do poder do réxime nazi. En 1934, o ministro de Economía Hjalmar Schacht desenvolveu unha política de gasto, especialmente destinada cara as obras públicas, cos que o Estado pagaba as empresas. Este sistema servíu para financiar o rearme con só un millón de Reichsmarks de capital. Marcada por un forte intervencionismo, unha política de obras públicas e de desenvolvemento do sector industrial militar, a economía comezou a recuperarse. Para 1938, o desemprego desaparecera e incluso faltaban traballadores para cubrir os postos de traballo dispoñibles. A pesar do aparente éxito, o gasto público acometido por Hitler foi maior que o crecmento económico, polo que a débeda pública aumentou. Se ben se promoveu a autarquía, Alemaña non posuía todas as materias primas que necesitaba, polo que as importacións mantivéronse tan altas coma antes.

Segunda Guerra Mundial e o inicio dunha economía de guerra levou a Alemaña a un período de privacións e destrución, a pesar de ter absorbido as estruturas económicas e industriais dos países ocupados e a explotación da forza de traballo dos deportados. O fin do Terceiro Reich deixou a Alemaña nunca situación de colapso económico e hiperinflación, que pasou a estar baixo a dirección das forzas de ocupación aliadas.

Arte e cultura[editar | editar a fonte]

Estadio Olímpico de Berlín, 1936.

Na súa xuventude, Hitler tivo a aspiración de ser pintor, mais foi rexeitado en dúas ocasións pola Escola de Viena. Cando alzouse co poder en Alemaña, apoiou o desenvolvemento do arte, exceptuando aquel que a ideoloxía nazi consideraba como decadente, e tomou baixo o seu alero ao arquitecto Albert Speer. que transformou as ideas de Hitler en grandes estructuras de formigón.

Boa parte da produción artística alemá neste período consagrouse no ensalzamento dos valores da familia, a nación e en especial a raza aria, educando ás novas xeracións con contidos antisemitas e intolerantes. Neste tema, o ministro de Propaganda Joseph Goebbels xugou un importante papel doutrinario.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A arquitectura tamén recibíu un impulso considerable durante o réxime. Un ambicioso plan, que buscaba convertir Berlín na capital máis impoñente do mundo, nunca chegou a ser concretado a causa do estoupido da guerra. Durante anos Hitler e Speer proxectaron os edificios e plantexaron un radical cambio urbanístico para a súa nova cidade.

O primeiro paso destes planes foi o Estadio Olímpico de Berlín, deseñado por Werner March, a única gran obra arquitectónica deste período que aínda sobrevive.

Speer proxectou asimesmo a nova Chaceleria do Reich, que incluía un enorme salón, dúas veces maior que o Salón dos Espellos do Palacio de Versalles. Hitler quería construir unha terceira Chancelería, aínda maior, ainda que nunca chegou a comezarse. A segunda das Chancelerías foi danada seriamente polo exército soviético durante a batalla de Berlín en 1945. Nese mesmo ano foi demolida en presencia do Primeiro Ministro do Reino Unido, Winston Churchill.

Outras obras destacadas que han sobrevivido son o Aeroporto de Berlín-Tempelhof e Prora, unha estación vacacional construida na illa de Rügen.

Entre os proxectos de Speer e Hitler está a Volkshalle, ou Salón do Pobo, unha cúpula de 200 m de altura e 250 m de diámetro, 16 veces máis grande que a Basílica de San Pedro. Hitler tamén planeaba construir un arco, similar ao Arco do Triunfo de París, mais de 100 m de altura, en cuio interior estarían grabados os nombres de todos os mortos alemáns da Primeira Guerra Mundial.

Cine[editar | editar a fonte]

Riefenstahl e Himmler en Nuremberg

O cine tivo en Leni Riefenstahl a súa representante máis destacada, grazas a dúas obras: O triunfo da vontade e Olympia. Esta última película é admirada polo uso de técnicas innovadoras para a época, se ben tamén é criticada por facer apoloxía do réxime nazi.

Xuventude[editar | editar a fonte]

A formación das novas xeracións estaba tempranamente enmarcada dentro de proxectos nacionalistas, coma as Xuventudes Hitlerianas. En centros construidos especialmente, como o castelo Vogelsang na actual Renania do Norte-Westfalia (RNW), formábase á élite nacionalsocialista. Tras a caída do réxime, o castelo cos seus 330 ha circundantes foron ocupados, primeiro polo exército británico e a partir de 1950, polo belga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. van Wie, Paul D. (1999). Image, History and Politics: The Coinage of Modern Europe. Lanham, Md: University Press of America. ISBN 978-0-7618-1221-0.
  2. Historia Universal Contemporánea. Ano 2009. Javier Paredes
  3. Historia Universal Contemporánea. Ano 2009. Javier Paredes
  4. Shirer, William L. (1960). The Rise and Fall of the Third Reich. New York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-62420-0.
  5. Historia Universal Contemporánea. Ano 2009. Javier Paredes
  6. Shirer, William L. (1960). The Rise and Fall of the Third Reich. New York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-62420-0.
  7. Shirer, William L. (1960). The Rise and Fall of the Third Reich. New York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-62420-0.
  8. Wedekind, Michael (2005). "The Sword of Science: German Scholars and National Socialist Annexation Policies in Slovenia and Northern Italy". In Haar, Ingo; Fahlbusch, Michael. German Scholars and Ethnic Cleansing (1920–1945). New York: Berghahn. ISBN 978-1-57181-435-7.
  9. Evans. Ano 2008. p = 373
  10. Longerich. Ano 2010. p = 147
  11. Umbreit. Ano 2003. p = 26
  12. Evans. Ano 2008. p = 373
  13. Boczek. Ano 2005. p. 134
  14. Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power. New York: Penguin. ISBN 978-0-14-303790-3.
  15. Kershaw, Ian (2008). Hitler: A Biography. New York: W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-06757-6.
  16. Evans, Richard J. (2008). The Third Reich at War. New York: Penguin. ISBN 978-0-14-311671-4.
  17. Bendersky, Joseph W. (2007). A Concise History of Nazi Germany: 1919–1945. Lanham, MD: Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-7425-5363-7.
  18. Longerich, Peter (2010). Holocaust: The Nazi Persecution and Murder of the Jews. Oxford; New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280436-5.
  19. Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power. New York: Penguin. ISBN 978-0-14-303790-3.
  20. Freeman, Michael J. (1995). Atlas of Nazi Germany: A Political, Economic, and Social Anatomy of the Third Reich. London; New York: Longman. ISBN 978-0-582-23924-1.
  21. Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power. New York: Penguin. ISBN 978-0-14-303790-3.
  22. Evans, Richard J. (2005). The Third Reich in Power. New York: Penguin. ISBN 978-0-14-303790-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alemaña nazi