Leipzig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Escudo Mapa
Escudo de Leipzig Localización da cidade de Leipzig en Alemaña
Datos principais
Estado federado: Saxonia
Kreisfreie Stadt: Leipzig, cidade
Extensión: 297,60 km²
Habitantes: 510.651 (29-02-2008) [1]
Densidade de poboación: 1.716 hab./km²
Porcentaxe de inmigrantes: 6,3 %
Taxa de desemprego: 15,4 % (Decembro de 2007) [2]
UN/LOCODE: DE LEJ
Páxina web oficial: www.leipzig.de
Política
Alcalde: Burkhard Jung (SPD)

Leipzig.ogg Leipzig (IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².

Os seus 510.651 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia (datos do 30 de setembro do 2007). A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.

O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.

En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.

Na historia recente, son significativas as Manifestacións dos Luns de 1989, que impulsaron mediante unha revolución pacífica a reunificación alemá.

Desde outubro de 2010[3] o Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada[4] da Universidade de Leipzig conta cun lectorado de galego [5] e outro de catalán.


[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas