Guerra árabe-israelí de 1948

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A guerra árabe-israelí de 1948, tamén coñecida poos israelís como guerra da Independencia (en hebreo, מלחמת העצמאות) ou guerra de Liberación (en hebreo, מלחמת השחרור), foi o primeiro dunha serie de conflitos armados que enfrontaron ao Estado de Israel e os seus veciños árabes, no que se coñece globalmente como o conflito árabe-israelí. Para os árabes palestinos, esta guerra marcou o comezo do que eles denominan Nakba (en árabe النكبة, "catástrofe").

As Nacións Unidas acordaron a partición do Mandato Británico de Palestina en dous estados: un árabe e outro xudeu, resolución aceptada polos dirixentes xudeus e rexeitda polos árabes.

Dito mandato expiraba o 15 de maio de 1948. Seis horas antes (para non coincidir co shabat), durante a tarde do 14 de maio, foi proclamada por David Ben-Gurión a independencia de Israel en Tel Aviv, recoñecida rapidamente por Estados Unidos, a Unión Soviética e moitos outros países. O mesmo día da retirada británica da rexión, tropas libanesas, sirias, iraquís, exipcias e transxordanas, apoiadas por voluntarios libios, sauditas e Iemenís, comezaron a invasión do recentemente proclamado Estado xudeu.

Contexto[editar | editar a fonte]

Mandato Británico de Palestina.

Tras a derrota do Imperio otomán na Primeira Guerra Mundial, a Sociedade de Nacións encargou a británicos e franceses da administración temporal das provincias otomás. Estas rexións, que baixo o dominio otomán se denominaban vilaiatos, pasaron a chamarse mandatos. Franceses e británicos, trazando arbitrariamente fronteiras, dividiron a zona en catro seccións.

A cuarta sección creouse a partir do que se coñecía como "Siria do Sur". A rexión foi oficialmente denominada como "Mandato Británico de Palestina. Esta rexión, cuxas fronteiras foron revisadas repetidamente baixo a dirección de Winston Churchill, a súa vez se dividía en dúas unidades administrativas: a parte oriental, desde o río Xordán coñeceuse como Transxordania (que, en 1950, pasaría a denominarse Xordania), mentres que a zona occidental seguiu conservando o nome de Palestina.

En 1922 a poboación do mandato (incluíndo Transxordania) estaba conformada por 589.200 musulmáns, 83.000 xudeus, 71.500 cristiáns e 7.600 doutras confesións. Durante os anos seguintes a inmigración xudea foi aumentando, en gran parte debido á persecución que os xudeus sufrían en Europa.

Esta inmigración, xunto cos continuos chamamentos para o establecemento dun estado xudeu en Palestina, non foi ben recibida polos árabes. Baixo o liderado de Amin al-Husayni, gran muftí de Xerusalén, os árabes rebeláronse contra os británicos e atacaron á crecente poboación xudía. Estes ataques deron lugar a diversos disturbios como o motín de Palestina de 1920, o motín de Jaffa de 1921 ou o motín palestino de 1929, no que 135 xudeus foron asasinados en Hebrón e arredores.

A Gran Revolta Árabe e as súas consecuencias[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gran Revolta Árabe.

En abril de 1936 os dirixentes árabes no Mandato Británico de Palestina, liderados por Amin al-Husayni, declararon una folga xeral para protestar contra a inmigración xusea. Un mes después do inicio da folga xeral, estes dirixentes declararon a negativa a pagar impostos como oposición explícita á inmigración xudea, o que deu comenzo a unha insurrección armada. Dita insurrección empezou sendo esporádica, facéndose máis organizada co tempo, e prolongouse até 1939. Cando a orde se estableceu en marzo dese ano, máis de 5.000 árabes, 400 xudeus e 200 británicos morreran.

Os ataques árabes á poboación xudía durante esta revolta tiveron tres efectos: en primeiro lugar, orixinaron a formación e desenvolvemento de milicias paramilitares xudías de autodefensa, como a Haganá, que na guerra de 1948 resultou ser decisiva. En segundo lugar, quedou patente que nin xudeus nin árabes poderían convivir xuntos nun mesmo estado, tomando forma a idea da partición do territorio en dous estados. Por último, os británicos promulgaron o Libro Branco de 1939, que restrinxía severamente a inmigración xudía, o que provocou que segmentos da poboación xudía se radicalizaran e se negaran a colaborar cos británicos.

A Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O ocaso do dominio colonial na rexión[editar | editar a fonte]

Mentres tanto, as nacións árabes comezaron a desfacerse do dominio colonial. Transxordania, baixo o dominio da dinastía hachemita de Abdullah, declarou a súa independencia de Gran Bretaña en 1946. Os británicos puxeron ao hermanastro de Abdullah, Faisal II, no trono de Iraq. En 1945 Exipto negociaba os termos da súa independencia. Líbano sería un estado independente en 1943, aínda que os franceses non retiraron as súas tropas até 1946, o mesmo ano que Siria declarou a súa independencia tamén de Francia.

O Plan de Partición da ONU[editar | editar a fonte]

Plan de partición para Palestina.

O 29 de novembro de 1947 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución 181 que poñía fin ao Mandato Británico de Palestina e que dividía o territorio en dous estados: un xudeu e outro árabe. Xerusalén e Belén, debido á súa importancia histórico-relixiosa, permanecerían como zona internacional administrada pola ONU. Aínda que tanto xudeus como árabes criticaron determinados aspectos do plan, pois era territorialmente pouco viábel para ambos os pobos, foi recibido con entusiasmo pola maioría da poboación xudía, incluíndo a Axencia Xudea. Porén, foi considerado inaceptábel por parte dos estados árabes veciños e dos propios árabes que vivían en Palestina.

A resolución 181 da ONU outorgou ás aspiracións sionistas aval xurídico e lexitimación moral para constituír o seu propio Estado, pero en ningún modo aseguraba a súa realización, xa que daquela a ONU non contaba con ningunha clase de forza armada capaz de garantir as súas propias decisións. Tampouco Estados Unidos, que cría ver veleidades filosoviéticas en Ben Gurión e no Mapai, estaba disposto a apoiar o envío dun continxente internacional e incluso embargou a venda de armas a Palestina. Ante o cariz violento dos feitos, chegou a plantexarse o aprazamento do Plan. Pola súa parte, a única potencia colonial na zona, o Reino Unido, inhibiuse da complicada tarefa de facer cumprir o plan de partición e, incluso, en certos momentos boicoteouno, opoñéndose a todo mandato internacional que reducira a súa influencia na zona. Todos estes factores adversos ao plan de partición uníanse á aberta oposición árabe e árabopalestina, que cualificaban a decisión da ONU de "inxusta" e "ilegal" e se empregaba na súa retórica bélica advertindo que, de levarse a cabo, provocaría a guerra.

A favor (verde escura), en contra (parda), abstencións (verde clara) e ausentes (vermello) na votación da resolución 181.

A URSS foi a única potencia que apoiou decididamente o mantemento firme do plan aprobado, opoñéndose á marcha atrás de Estados Unidos naqueles meses que transcorreron entre a resolución da ONU e o final do mandato británico.

A URSS confiaba en poder establecer un Estado satélite na zona, afín ao bloque socialista. En estreito contacto coa Axencia Xudía, impediu que ningunha outra resolución da Asemblea Xeral se opuxese ao Plan de Partición. Así, Andrei Gromiko, á fronte da delegación soviética, declarou o 23 de marzo de 1948: "O único medio de reducir o baño de sangue é a creación rápida e efectiva de dous Estados en Palestina".

Daquela, os dirixentes da Axencia Xudea e do yishuv tiñan perfectamente claro que a creación do Estado non podía depender exclusivamente da vía diplomática, senón da firme determinación dos propios sionistas para levala a cabo.

Balance inicial de forzas[editar | editar a fonte]

Forzas do Yishuv[editar | editar a fonte]

En novembro de 1947 a Haganá contaba cunha forza móbil, Hish, composta por 20.000 soldados e 10.000 reservistas (de idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos) e unha unidade de élite, Palmaj, composta por 2100 soldados e 1000 reservistas. Todas estas unidades estaban respaldadas por unha forza de garda (Heil Mishmar) composta por homes e mulleres de máis de 25 anos. Así, as forzas do yishuv ascendían a cerca de 35.000 soldados: de 15.000 a 18.000 soldados da Haganá máis a forza de garda, uns 20.000. Os outros dous grupos clandestinos, Irgún e Lehi, contaban con 2.000 e 500 membros, respectivamente. Pódese engadir, ademais, a aqueles soldados que loitaron no exército británico na Segunda Guerra Mundial e que non serviron en ningunha das milicias sionistas clandestinas, pero que prestaron apoio loxístico e experiencia durante a guerra.

En setembro de 1947 a Haganá dispoñía de 10.489 rifles, 3.500 pistolas e 760 morteiros aproximadamente, máis as adquiridas do inimigo durante os primeiros meses de hostilidades. Ademais, entre outubro de 1947 e xullo de 1948, o Yishuv fabricou 3 millóns de balas, 150.000 granadas, 16.000 pistolas e 10 morteiros. Calcúlase que antes de que chegaran armas de Checoslovaquia como parte da Operación Balak, só un de cada tres soldados estaba armado, excepto no Palmaj, que eran dous de cada tres. Hai que engadir que, inicialmente, a Haganá non contaba con artillaría, vehículos armados, armas antitanques ni antiaéreas.

Forzas árabes[editar | editar a fonte]

Forzas árabe-palestinas[editar | editar a fonte]

Por parte palestina existían dúas organizacións paramilitares formadas por mozos: unha fiel a "Husayni, a Futuwa, e outra anti-Husayni, a Najjada (corpos auxiliares"). Estes grupos contaban con ao redor de 12.000 voluntarios.

En decembro, Abd-al Qadir Husseini chegou a Xerusalén con centos de combatentes que foran adestrados en Siria e que formaban o Santo Exército.

En canto ao equipamento das forzas palestinas era moi pobre. Os británicos confiscaran gran parte do seu arsenal na Gran Revolta Árabe e durante a Segunda Guerra Mundial.

Exército Árabe de Liberación[editar | editar a fonte]

Voluntarios árabes en Palestina, 1947.

O Exército Árabe de Liberación (Jaysh al-Inqadh al-Arabi) foi organizado pola Liga Árabe. Contaba con ao redor de 6.000 voluntarios, a maioría deles procedentes de países árabes, e estaba liderado por Fawzi al-Qawuqji.

Transxordania[editar | editar a fonte]

O exército transjordano, denominado Lexión Árabe, fora fundado por Frederick Peake (Peake Pashá) como unha unidade do exército británico. Ao obter a independencia a zona baixo a autoridade da dinastía hachemita, pasou a depender do novo estado. Era a única forza realmente efectiva dos exércitos árabes. Armados, adestrados e dirixidos por oficiais británicos, os 8.000 soldados transxordanos contaban co apoio de 40 pezas de artillaría e 75 vehículos armados. En xaneiro de 1948 incorporáronse 3.000 soldados máis.

Iraq[editar | editar a fonte]

En 1948 Iraq tiña un exército de 21.000 homes e unha forza aérea de 100 avións, a maioría británicos. Os iraquís comprometéronse a enviar 5.000 homes, aínda que finalmente chegaron aos 18.000.

Exipto[editar | editar a fonte]

En 1948 Exipto estaba capacitado para enviar a un máximo de 40.000 soldados, aínda que inicialmente enviaron a 10.000 homes baixo as ordes de Ahmed Ali al-Mwawi. A forza aérea exipcia contaba con ao redor de 54 avións. Tras a segunda tregua, os exipcios enviaron a cerca de 20.000 soldados en trece batallóns equipados con 135 tanques e 90 pezas de artillaría.

Siria[editar | editar a fonte]

Siria tiña 12.000}} soldados ao comezo da guerra. A forza aérea siria contaba con 50 avións, 10 de eles modelos da Segunda Guerra Mundial.

Líbano[editar | editar a fonte]

O exército libanés era o máis pequeno dos exércitos árabes, contando con só 3.500 efectivos.

Arabia Saudita e Iemen[editar | editar a fonte]

Arabia Saudita enviou un continxente de entre 800 e 1.200 soldados, baixo a dirección do exército exipcio. Iemen enviou tamén un indeterminado número de homes.

Forzas británicas en Palestina[editar | editar a fonte]

Ao redor de 100.000 soldados británicos estaban despregados en Palestina.

Fases da guerra[editar | editar a fonte]

29 de novembro de 1947 - 1 de abril de 1948[editar | editar a fonte]

O día seguinte á aprobación da resolución 181 da ONU, sete xudeus foron asasinados por árabes en tres incidentes distintos: ás oito da mañá tres árabes atacaron un autobús que facía o traxecto Netanya-Xerusalén, matando a cinco pasaxeiros xudeus. Media hora despois, un novo ataque noutro autobús causaba un novo morto. Houbo un novo asasinato dun home de 25 años en Jaffa, onde algúns falaban de asasinatos de árabes por parte de xudeus.[1] Tamén houbo incidentes nos cárceres.

En Xerusalén o Supremo Comité Árabe proclamou unha folga xeral de tres días, até o xoves 2 de decembro, que debía ser seguida por unha demostración de forza na pregaria do venres. O manifesto do Comité incluía oito resolucións, a última das cales exixía ao goberno británico a cesión inmediata de Palestina ao pobo árabe. Os ataques intensificáronse e o 11 de decembro, o correspondente de The Times en Xerusalén estimou o número de mortos nuns 130, dos cales cerca de 70 eran xudeus, 50 árabes e 4 británicos.[2]

Co paso do tempo medrou a violencia entre os contendentes. Incursións, bombardeos e diversos ataques que entre novembro de 1947 e febreiro de 1948 ocasionaron máis de setecentos mortos e mil oitocentos feridos entre todos os bandos. As forzas organizáronse cada vez mellor. A Lexión Árabe atacou un convoi de autobuses civís xudeus o 14 de decembro e o 18 as forzas da Haganá movéronse das súas posicións fortificadas nos kibutzs atacando o pobo de Al-Khisas. Tres semanas máis tarde comezaron a formarse milicias árabes de guerrillas para loitar contra as forzas xudías. O maior grupo conformouno o Exército Árabe de Liberación, creado pola Liga Árabe ecomandado polonacionalista árabe Fawzī al-Qawuqjī. En xaneiro e febreiro as milicias guerrilleiras árabes atacaron comunidades xudías do norte de Palestina, aínda que sin conseguir ningún resultado.

Os árabes concentraron os seus esforzos en cortar a comunicación das zonas hebreas coas zonas de poboación mixta. Mentres, a Haganá aprovisionábase de armas provintes de Checoslovaquia.

1 de abril de 1948 - 15 de maio de 1948[editar | editar a fonte]

As forzas xudías demostraron ser militarmente máis fortes que o que imaxinaron os árabes e para maio xa atacaban aldeas e cidades árabes, especialmente aquelas que controlaban o camiño a poboacións xudías illadas.

O camiño a Xerusalén foi obstaculizado por soldados árabes que se encontraban apostados nas aldeas que o rodeaban e a cidade estaba baixo sitio árabe. Numerosos convois xudeus que proporcionaban alimentos e outras necesidades á cidade foron atacados. Na Opeación Najshón, a Haganá continuou os ataques contra as forzas árabes e abriu temporalmente o camiño a Xerusalén (20 de abril).

Algunhas das aldeas próximas a Xerusalén foron atacadas e devastadas polos xudeus. Tal foi o caso do ataque a Deir Yassin no que se calcula que as forzas do Irgún e o Lehi asasinaron a 250 árabes.[3] Non obstante, estas actuacións foron denunciadas por Ben-Gurión, que pretendía distanciar á Haganá dos atacantes. Estes ataques provocaron pánico entre os árabes, e moitos deles optaron por fuxir. Igualmente, os ataques árabes contra xudeus tamén se recrudeceron: así, o 13 de abril os árabes atacaron un convoi médico que ía de camiño ao hospital Hadasa no que cerca de 77 médicos, enfermeiros e outros civís xudeus foron asasinados.

No período comprendido entre abril e maio, as forzas xudías, mediante o Plan Dalet (cuxo obxectivo primordial era lograr unha continuidade territorial no que sería o futuro Estado xudeu), lograron conquistar varios poboados árabes, e cidades de poboación mixta tales como Tiberíades, Haifa, Safed, Beit She'an, Jaffa e Acre, provocando ao mesmo tempo a fuxida de gran parte das poboacións árabes que alí habitaban. Ao mesmo tempo o Yishuv puido obter por diversos medios unha cantidade importante de novas armas provenientes do exterior, principalmente de Checoslovaquia.

Mentres tanto sucedíanse frenéticos contactos diplomáticos entre as partes. O 10 de maio Golda Meir representou ao Yishuv na última dunha serie de reunións secretas entre xudeus e o rei transxordano Abdullah. A raíz destas reunións, durante meses existiu un acordo tácito entre sionistas e transxordanos polo cal se impediría a creación dun estado árabe-palestino, sendo Transxordania quen controlaría o territorio árabe. Porén, na reunión do 10 de maio, o rei Abdullah ofreceu a autonomía do Yishuv aos xudeus, pero única e exclusivamente baixo dominio dun agrandado reino hachemita, cousa que os xudeus consideraron inaceptábel.

o 13 de maio a Liga Árabe acordou enviar tropas a Palestina cando o Mandato Británico expirara e o rey Abdullah foi designado comandante en xefe das forzas armadas árabes.

15 de maio de 1948 - 11 de xuño de 1948[editar | editar a fonte]

Ataques 15 de maio10 de xuño de 1948.

O Mandato Británico en Palestina expirou o 15 de maio, se ben o futuro primeiro ministro israelí, David Ben-Gurión, declarou a independencia o 14, recoñecida rapidamente pola Unión Soviética, Estados Unidos e outros países.

Nos días siguientes a la declaración de independencia del Estado de Israel, aproximadamente 1.000 libaneses, 5.000 sirios, 5.000 iraquís e 10.000 soldados exipcios invadiron o novo estado. Catrocentos soldados transxordanos, pola súa parte, axudados por voluntarios sirios, libios e iemenís, invadiron o corpus separatum, rodeando Xerusalén e os seus arredores.

Nun cablegrama oficial do secretario xeral da Liga Árabe ao secretario xeral da ONU o 15 de maio de 1948, os estados árabes aseguraban que o seu obxectivo era crear un único estado árabe en Palestina, en lugar do acordado pola resolución 181 que propoñía a creación de un estado árabe e outro xudeu.

Israel, os Estados Unidos e a Unión Soviética cualificaron a entrada dos exércitos árabes en Palestina como unha agresión ilegal. O secretario xeral da ONU, Trygve Lie, aseverou que aquela era "a primeira agresión armada desde o final da Segunda Guerra Mundial".

O 26 de maio de 1948 constituíronse as Forzas de Defensa de Israel (IDF), quedando unificadas as forzas paramilitares da Haganá, Palmaj, Lehi e Irgún.

Conforme ía avanzando a guerra, as IDF ían incrementando o número de efectivos: en xullo de 1948 contaban con 63.000 efectivos; na primavera do ano seguinte, ascendían a 115.000. Os árabes contaban, pola súa parte, con 40.000 soldados en xullo de 1948, 55.000 en outubro do mesmo ano e un pouco máis o ano siguiente.

A aviación israelí foi posta baixo o control do Sherut Avir, o servizo aéreo, en novembro de 1947. Inicialmente, as operacións aéreas partían do pequeno aeroporto civil de Sde Dov en Tel Aviv. O 10 de maio de 1948 o Sherut Avir cambiou o seu nome polo de Forza Aérea Israelí.

Ao comezo da guerra, a primeira misión das IDF foi a de impedir o avance árabe até que chegaran reforzos e armas. A maior batalla librouse a medio camiño entre Xerusalén e Tel Aviv entre soldados transxordanos e as forzas israelís. Abdullah ordeou a Glubb Pashá, comandante transxordano, entrar en Xerusalén. Alí, entre o 19 e o 28 de maio producíronse duros ataques. Os árabes tiveron éxito e expulsaron ás forzas israelís tanto dos barrios árabes como do barrio xudeu da cidade vella de Xerusalén. Todos os habitantes xudeus da cidade vella foron expulsados polos transxordanos. Mentres, as tropas iraquís fracasaban ao atacar os asentamentos israelís e tiveron que tomar posicións defensivas ao redor de Yenín, Nablús e Tulkarem.

O 24 de maio de 1948 forzas xudeas na zona de Latrún atacaron á Lexión Árabe na operación Bin-Nun A. O 1 de xuño de 1948 repetían a operación baixo o nome de Bin-Nun B. Ambos os ataques fallaron e as forzas israelís sufriron numerosas baixas.

No norte, o exército sirio era bloqueado no kibutz Degania polos colonos. No sur, un ataque exipcio permitiu entrar en varios kibutzim, pero foron repelidos cerca de Ashdod.

As forzas israelís non só controlaban o territorio que lles asignara a ONU, senón que, a medida que que ía avanzando a guerra, o ampliaron.

Primeira tregua (11 de xuño de 1948 - 8 de xullo de 1948)[editar | editar a fonte]

A ONU, grazas á mediación de Folke Bernadotte, declarou unha tregua o 29 de mayo, que non tivo efectos até o 11 de xuño, e que durou 28 días. Declarouse, ademais, un embargamento de armas co obxectivo de impedir o rearme tanto de israelís como de árabes.

Durante o cesamento do fogo Bernadotte presentou un novo plan de partición que outorgaba Galilea aos xudeus e o deserto do Néguev aos árabes, pero ambas as partes rexeitárono. O 8 de xullo terminou a tregua: o xeneral exipcio Muhammad Naguib atacaba posicións israelís.

8 de xullo de 1948 – 18 de xullo de 1948[editar | editar a fonte]

Nos dez días que transcorreron entre a primeira e a segunda tregua tiveron lugar distintas operacións ofensivas israelís destinadas a conquistar o territorio que caera en mans dos árabes.

Operación Dani[editar | editar a fonte]

Co obxectivo de conquistar o territorio árabe ao redor de Tel Aviv, o 11 de xullo de 1948 os israelís capturaron a cidade de Lod e o seu aeroporto, defendido polo exército transxordano, milicias palestinas locais e o Exército Árabe de Liberación, na que os bombardeos (utilizados por primeira vez no conflito) xogaron un papel esencial. O día seguinte, 12 de xullo, Ramla caía tamén en mans israelís.

O 15 e o 16 de xullo os israelís lanzaron unha ofensiva para conquistar a zona de Latrún, pero non o conseguiron. Os ataques prolongáronse até o 20 de xullo.

Operación Dekel[editar | editar a fonte]

Tivo lugar no norte. Así, o 16 de xullo Nazaret foi tomada polos israelís. O 18 de xullo tamén o foi toda a baixa Galilea.

Operación Kedem[editar | editar a fonte]

Pretendía conquistar Xerusalén Oriental. Foi levada a cabo o 8 de xullo polos grupos paramilitares de Irgún e Lehi coa axuda da Haganá. Tras intensos combates, o 14 de xullo lograron tomar a cidade árabe de Malha, pero no camiño á zona antiga de Xerusalén as fozas israelís foron rexeitadas.

Segunda tregua (18 de xullo de 1948 - 15 de outubro de 1948)[editar | editar a fonte]

Ás 19 horas do 18 de xullo entrou en vigor a segunda tregua do conflito, despois dos esforzos diplomáticos da ONU.

O 16 de septembro, Folke Bernadotte, mediador da guerra designado pola ONU, propuxo unha nova partición de Palestina. A súa proposta defendía a existencia de dous estados independentes. A proposta contiña sete premisas básicas, que establecían a substitución da tregua por unha paz formal ou un armisticio, que se debía recoñecer o estado de Israel e que se debía facilitar a vota dos árabes exiliados e indemnizar aos prexudicados pola guerra. Porén, Bernadotte foi asasinado polo grupo Lehi ao día seguinte de presentar a súa proposta. Foi substituído por Ralph Bunche e a proposta de paz quedou en punto morto.

15 de outubro de 1948 - 20 de xullo de 1949[editar | editar a fonte]

Entre o 15 de outubro de 1948 e o 20 de xullo de 1949 Israel, violando a tregua, desenvolveu unha serie de operacións militares destinadas a expulsar aos exércitos árabes e asegurar as fronteiras de Israel, logrando expulsar aos exércitos sirio, libanés e iraquí de toda Galilea e ao exército exipcio de todo o deserto do Néguev, consolidando ao mesmo tempo as súas posicións na parte oeste de Xerusalén e as zonas próximas ao centro do país.

O 24 de outubro, as Forzas de Defensa Israelís lanzaron a Operación Hiram e conquistaron toda a zona superior de Galilea, expulsando definitivamente ao Exército Árabe de Liberación e ao exército libanés cara ao interior do Líbano. A ofensiva militar resultou nun éxito rotundo contra o fin do mes, xa que Israel non só logrou conquistar toda a rexión de Galilea, senón que ademais logrou penetrar oito quilómetros no interior do territorio libanés até o río Litani.

O 15 de outubro, respondendo ás constantes violacións da tregua por parte de Exipto, as forzas israelís lanzaron a Operación Yoav no norte do Néguev. O obxectivo da operación consistía en abrir un cerco separador entre as unidades do exército exipcio situadas entre a costa e a estrada Beersheva-Hebrón-Xerusalén para, finalmente, lograr a definitiva conquista de todo o deserto do Néguev. A operación foi dirixida polo comandante do Distrito Sur do Tzahal, Yigal Alón. Durante o transcurso da operación obtívose un éxito ao lograr as metas prefixadas ao derrotar nas batallas ao exército exipcio e conseguir que se retirara do norte do Néguev, principalmente de Beersheva e Ashdod. O 22 de outubro os mandos da recentemente creada mariña israelí conseguiron na súa primeira misión afundir o buque insignia exipcio Amir Faruk.

O 22 de decembro unidades do exército israelí expulsaron ou aniquilaron ás remanentes forzas exipcias que aínda operaban no sur de Israel, lanzando para este fin a Operación Horev (tamén chamada "Operación Dez Pragas"). O obxectivo primordial da incursión era o de limpar toda a rexión do Néguev de calquera presenza exipcia, destruíndo calquera ameaza militar contra Israel e os seus poboados do sur, forzando ao mesmo tempo a unha retirada do exército exipcio e presionando ao seu goberno para que aceptara un cesamento do fogo.

A operación en cuestión finalizou cunha decisiva vitoria israelí, mentres que os ataques das forzas israelís sobre Nitzana na Faixa de Gaza e a penetración no interior da Península do Sinaí forzaron ao exército exipcio, que estaba estacionado neses territorios, a retirarse desordenadamente e aceptar un cesamento do fogo. O 7 de xaneiro deuse comenzo formal á tregua. Israel viuse obrigado, pola presión internacional, a retirarse de Gaza, o Sinaí e o sur libanés, até as fronteiras internacionais previas á guerra.

O 5 de marzo lanzouse a Operación Uvda ("Operación Feito"). O 10 de marzo os israelís tomaron Umm Rashrash (onde posteriormente se construiría a cidade turística de Eilat) sen batalla. A Brigada Neguev e a Brigada Golani realizaron a maior parte da operación, cuxos soldados alzaron a bandeira israelí sobre o territorio e se apoderaron formalmente de Umm Rashrash para Israel.

Resolución 194 da ONU[editar | editar a fonte]

En decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución 194, que recoñecía (entre outras cousas) o dereito dos refuxiados a regresar aos seus fogares.

O caso dos avións británicos[editar | editar a fonte]

Na mañá do 7 de xuño de 1949, poucas horas antes de que se aplicara o cesamento do fogo definitivo, catro avións británicos Spitfire do Escuadrón 208 da RAF, nun voo rutineiro de recoñecemento sobre a zona de Deir al-Balah, no centro da Faixa de Gaza, repentinamente pasaron en voo rasante sobre un convoi militar israelí que fora atacado anteriormente pola forza aérea exipcia. Os soldados israelís de infantaría confundiron os aparatos británicos con avións exipcios que se preparaban para unha nova ofensiva, polo que procederon a lanzar fogo antiaéreo contra os mesmos, derrubando a un deles no acto. O tres avións restantes foron derrubados por unha patrulla de avións israelís P-51 da recentemente creada Forza Aérea Israelí, pilotados por voluntarios provenientes de Canadá e Estados Unidos. Ao día seguinte, outros catro avións Spitfire británicos do mesmo escuadrón que buscaban os avións desaparecidos da súa unidade, foron atacados por catro avións israelís que custodiaban a zona, sendo derrubado no suceso un dos avións británicos e resultando outro seriamente danado polo novo piloto israelí Ezer Weizmann. Houbo outro enfrontamento entre avións británicos e israelís o 20 de novembro de 1948, cando un aparato do Escuadrón 13Mosquito da RAF realizaba un recoñecemento fotográfico sobre o espazo aéreo do sur de Israel e foi destruído por un piloto israelí que pilotaba un avión P-51. Ante esta vaga de sucesos, a oposición do Parlamento Británico protestou contra o goberno do Reino Unido pola súa intervención directa na guerra en favor dos Estados árabes.

Fin da guerra[editar | editar a fonte]

Armisticios de 1949[editar | editar a fonte]

En 1949 Israel asinou armisticios con Exipto (o 24 de febreiro), con Líbano (o 23 de marzo), con Transxordania (o 3 de abril) e con Siria (o 20 de xullo). Tras a contenda, Israel aumentou o seu territorio en cerca dun 23 % máis do asignado inicialmente polas Nacións Unidas. A Faixa de Gaza e Cisxordania foron ocupadas por Exipto e Transxordania, respectivamente.

O último acordo asinado entre Israel e Siria puxo fin á guerra. Israel resultada vencedor. Os xudeus non só se mantiñan na zona que lles fora concedida no plan de partición de 1947, senón que a ampliaron en 5.728 km2, impoñendo o seu dominio sobre 20.850 km2 de superficie.

Vítimas[editar | editar a fonte]

Israel perdeu cerca do 1 % da súa poboación total: 6.373 persoas. Ao redor de 4.000 eran soldados e o resto civís.

O número exacto de perdas árabes non se coñece, pero estímase que pode roldar entre os 10.000 e os 15.000.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "7 Jews Murdered", The Palestine Post, 1 de decembro de 1947, páx. 1.
  2. "Fighting in Jerusalem", The Times, 12 de decembro de 1947, páx. 4.
  3. Ver revisión de "The Birth of the Palestinian Refugee Problem" de Benny Morris en Le Monde Diplomatique onde se citan 250 mortes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aloni, Shlomo (2001): Arab-Israeli Air Wars 1947–82. Osprey Publishing. ISBN 978-1-84176-294-4
  • Beckman, Morris(1999): The Jewish Brigade: An Army With Two Masters, 1944–45. Sarpedon Publishers. ISBN 978-1-86227-423-5
  • Ben-Ami, Shlomo]] (2006): Scars of War, Wounds of Peace: The Israeli-Arab Tragedy. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-518158-6
  • Benvenisti, Meron]] (2002): Sacred Landscape. University of California Press. ISBN 978-0-520-23422-2
  • Gilbert, Martin (1976): The Arab-Israeli Conflict: Its History in Maps. Weidenfeld & Nicolson. ISBN 978-0-297-77241-5
  • Masalha, Nur (1992): Expulsion of the Palestinians: The Concept of 'Transfer' in Zionist Political Thought, 1882–1948. Institute for Palestine Studies. ISBN 978-0-88728-235-5
  • Morris, Benny (2009): A History of the First Arab-Israeli War. Yale University Press. ISBN 978-0-300-15112-1
  • Pappe, Ilan (2006): The Ethnic Cleansing of Palestine. Oxford: Oneworld Publications. ISBN 978-1-85168-467-0
  • Zertal, Idith (2005): Israel's Holocaust and the Politics of Nationhood. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85096-4

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]